Diferenzas entre revisións de «Richard Réti»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
→‎Traxectoria: arranxiños
m
m (→‎Traxectoria: arranxiños)
 
== Traxectoria ==
Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Foi un dos máis grandes xogadores do mundo durante os [[anos de 1910|anos 10]] e os [[anos de 1920|anos 20]]. Réti comezou a súa carreira como xogador clásico ferozmente combinativo, favorecendo [[apertura (de xadrez)|aperturas]] tales como o ''[[Gambito de rei]]'' (1. e4 e5 2. f4). Con todo despois do final da [[primeira Guerra Mundial]], o seu estilo experimentou un cambio radical, e converteuse nun dos autores principais do [[hipermodernismo (xadrez)|hipermodernismo]], xunto con [[Aron Nimzowitsch]] e outros. De feito, coa excepción notable do aclamado libro de Nimzowitsch ''Mein System'' (O meu sistema'' {{gl}}), é considerado como o maior contribuínte literario do movemento. Os seus escritos son considerados como clásicos no mundo do xadrez: ''Novas ideas en xadrez'' (1922) e ''Os mestres do taboleiro de xadrez'' (1930) aínda se estudan hoxe en día.
 
A [[Apertura Réti]] (1. ♘f3 d5 2. c4), coa cal derrotou ao entón campión do mundo [[José Raúl Capablanca]] en [[Nova York]] en [[1924]] é nomeada na súa honra. [[Savielly Tartakower|Tartakower]] denominou a esta apertura como "a apertura do porvir".
106.457

edicións

Menú de navegación