Bandeira de Mónaco: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: be:Сцяг Манака |
|||
Liña 31: | Liña 31: | ||
*[[Bandeira de Polonia]]. |
*[[Bandeira de Polonia]]. |
||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
||
*{{FOTW|id=mc|título=Mónaco}} |
|||
*[http://www.crwflags.com/fotw/flags/mc.html Explicación do uso dalgunhas bandeiras monegascas] |
*[http://www.crwflags.com/fotw/flags/mc.html Explicación do uso dalgunhas bandeiras monegascas] |
||
*[http://www.flags.net/country.php?country=MONA§ion=CURR Bandeira de Mónaco en World Flag Database] |
*[http://www.flags.net/country.php?country=MONA§ion=CURR Bandeira de Mónaco en World Flag Database] |
||
<br> |
|||
{{Bandeiras de Europa}} |
{{Bandeiras de Europa}} |
||
[[Categoría:Símbolos de Mónaco]] |
[[Categoría:Símbolos de Mónaco]] |
||
[[Categoría:Bandeiras |
[[Categoría:Bandeiras de estados soberanos|Monaco]] |
||
[[ar:علم موناكو]] |
[[ar:علم موناكو]] |
Revisión como estaba o 6 de marzo de 2011 ás 23:54
Bandeira de Mónaco | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 4:5 (ou 2:3) |
Adopción | 4 de abril de 1881 |
Cores | Vermello Branco |
A bandeira de Mónaco está formada por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella a superior e branca a inferior, cores heráldicas da Casa de Grimaldi dende polo menos o ano 1339. Mónaco usou unha bandeira como a actual bandeira de Estado pero na que figuraban as versións anteriores do escudo de armas que foi utilizado practicamente dende a fundación do principado (salvo durante o período en que estivo anexionado a Francia de 1793 a 1814). A versión actual da bandeira nacional foi adoptada o 4 de abril de 1881. Existiu un estandarte composto polo "losanxe" coas cores da Casa de Grimaldi (en terminoloxía heráldica "losanxe de prata e goles") moi usado durante o século XVII.
Outras bandeiras
Bandeira de Estado
A bandeira de Estado de Mónaco é de cor branca, as proporcións da súa anchura e lonxitude son de 2:3. No centro da bandeira figura o escudo de Mónaco. Esta bandeira ten poucos usos respecto doutros países: Ízase no palacio do Príncipe, nalgunhas dependencias gobernamentais e como estandarte do Príncipe cando accede ao seu barco.
Estandarte do Príncipe
O estandarte do Príncipe é de cor branca e as súas dimensións son de 3:4 ou 5:6 se se usa con flocos. No centro figuran a coroa do Príncipe (que é unha coroa real) e dúas letras opostas que reproducen a inicial do nome de cada príncipe soberano.
Galería
-
Bandeira do Estado.
-
Bandeira losanxe.
-
Estandarte do Príncipe Alberte II
Bandeiras semellantes
Excepto polas súas proporcións, a bandeira de Mónaco é idéntica ás bandeiras de Indonesia e do estado alemán de Hesse, aínda que ámbalas dúas son máis longas. Tamén é semellante á bandeira de Singapur, a cal ten ademais unha lúa crecente e cinco estrelas na parte superior esquerda, á de Polonia e á do estado alemán de Turinxia, estando nestas últimas dúas as cores invertidas.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Mónaco en Flags of the World (en inglés)
- Explicación do uso dalgunhas bandeiras monegascas
- Bandeira de Mónaco en World Flag Database