Monumento natural: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Cheluco (conversa | contribucións)
m moveu "Monumento Natural" a "Monumento natural" sobre unha redirección: é un concepto xeral.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de marzo de 2011 ás 17:49

Segundo a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, defínese como Monumento Natural un espazo ou elemento da natureza constituído basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, que merecen ser obxecto dunha protección especial.

Tamén contempla a citada lei que se poidan declarar Monumentos Naturais as árbores singulares ou monumentais, as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e mineralóxicos e demáis elementos que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos.

Con carácter xeral, está prohibida a explotación dos seus recursos, agás naqueles casos que por razóns de investigación ou conservación se autoriza a mesma pola Administración competente.

Monumentos Naturais en Galiza

Actualmente, existen en Galiza sete espazos ou elementos naturais declarados Monumentos Naturais:[1]

Referencias

  1. Páxina web do Instituto Galego de Estatística

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Espazos protexidos