Thomas More: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: scn:Thomas More
MastiBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Modificado: scn:Tummasu Moru
Liña 73: Liña 73:
[[ru:Мор, Томас]]
[[ru:Мор, Томас]]
[[sc:Thomas More]]
[[sc:Thomas More]]
[[scn:Thomas More]]
[[scn:Tummasu Moru]]
[[simple:Thomas More]]
[[simple:Thomas More]]
[[sk:Thomas More]]
[[sk:Thomas More]]

Revisión como estaba o 2 de marzo de 2011 ás 23:40

Thomas More (1478-1535).

Sir Thomas More, nado en Londres o 7 de febreiro de 1478 e finado o 6 de xullo de 1535, foi un autor humanista inglés, que ocupou durante un breve período o cargo de Lord Chancellor durante o reinado de Henrique VIII.

Traxectoria

More entrou na corte de Henrique VIII en 1520, converténdose en tornouse cabaleiro ao ano seguinte. Fixo carreira como avogado. Como académico foi inicialmente un humanista no sentido consensual do termo. Foi un grande amigo de Erasmo de Róterdam que lle dedicou o seu "In Praise of Folly" -- a palabra "folly" é Moría en grego. As relacións posteriores entre os dous tornáronse acedas unha vez que More se mantivese comprometido co conservadorismo relixioso mentres que Erasmo tentou testar aquilo que viu como falacias atrincheiradas da doutrina católica. More foi o autor de varios longos - e por veces crueis - tratados atacando a "reformadores" relixiosos tan diversos como William Tyndale, Christopher St. German, Martiño Lutero e todos aqueles que cuestionasen calquera área de privilexio da igrexa, sexa espiritual sexa temporal, como na primacía do dereito canónico sobre o dereito civil.

A súa chancelaría (1529-32) distinguiuse por pouco máis que a súa persecución de heréticos e dos seus traballos. O gran paradoxo da vida de More é o de ser un home que é hoxe visto como un libertador e un librepensador mais que foi igualmente (poderá ser argumentado, ao mesmo tempo) un fanático relixioso.

O divorcio de Henrique VIII

Thomas Wolsey, Arcebispo de York, fallou na súa tentativa de conseguir o divorcio e anulación que Henrique VIII pretendía e foi forzado a dimitir en 1529. More foi nomeado chanceler en súa substitución, sendo evidente que Henrique aínda non se tiña apercibido da aversión de More nesta materia.

Sendo coñecedor do dereito canónico e sendo profundamente relixioso - ao punto de se ter auto-flaxelado - More vía na anulación do sacramento do casamento unha materia da xurisdición do papado, e a posición do Papa Clemente VII era claramente contra o divorcio.

A reacción de Henrique foi colocarse a si mesmo no liderado da Igrexa en Inglaterra. Apenas o sacerdocio foi requirido a submeterse ao Acto de Supremacía declarando o soberano como o xefe da Igrexa. More, como leigo, non tiña de se submeter a este xuramento, mais dimitiu da chancelaría o 16 de maio de 1532, preferindo non servir ao novo réxime.

More escapou a unha tentativa inicial de o conectar cunha conspiración, mais en 1534 o Parlamento promulgou o Decreto da Sucesión, que incluía un xuramento (1) recoñecendo a lexitimidade de calquera cativo nacido do casamento de Henrique VIII con Ana Bolena, e (2) repudiando "calquera autoridade estranxeira, príncipe ou potentado". Tal como no xuramento de supremacía, isto non se lle requiriu a todas as persoas, senón só a aquelas especificamente chamadas a facelo, noutras palabras, todos os funcionarios públicos e aqueles sospeitosos de non apoiar a Henrique.

Aprisionamento e execución

More foi chamado a facer o xuramento en abril de 1535, e perante súa recusa, foi encarcerado na Torre de Londres, onde continuou a escribir. A súa reacción foi a de manter o silencio no asunto, o que pola lei podería ser considerado o consentimento, sen que el se comprometese. Esta estratexia fallou no entanto, e More foi xulgado, condenado e sentenciado, e posteriormente executado en Tower Hill a 6 de xullo. A súa cabeza foi exposta na ponte de Londres por un mes e despois recuperada (despois de pagamento de suborno) pola súa filla, Margaret Roper.

More foi canonizado como santo da Igrexa Católica en 1935. O seu día festivo é o 22 de xuño. En 2000, o Papa Xoán Paulo II declarou a Santo Thomas More como "patrón celeste dos Estadistas e Políticos".

Obras

A súa máis famosa obra é Utopía (cerca de 1516) na cal el criou unha illa-reino imaxinaria na cal algúns académicos modernos viron o oposto idealizado da Europa do tempo de Moore e na cal outros académicos modernos viron unha sátira da mesma Europa. Un dos aspectos das obras de More é que nelas frecuentemente se usa unha alegoría, ben dunha asumida voz do autor (como no Diálogo do confort, ostensivamente unha conversa entre tío e mais sobriño) ou ben están altamente estilizadas ou ambos. Isto, xunto coa falta dunha dirección clara de More en canto ás súas ideas - por razóns que se tornarán obvias - significa que é posíbel argumentar practicamente calquera visión de calquera das súas obras.