Teléfono: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: zh-yue:電話
YurikBot (conversa | contribucións)
Liña 61: Liña 61:
[[mr:दूरध्वनी]]
[[mr:दूरध्वनी]]
[[ms:Telefon]]
[[ms:Telefon]]
[[nds-nl:Tillefoon]]
[[nl:Telefoon]]
[[nl:Telefoon]]
[[no:Telefon]]
[[no:Telefon]]
Liña 78: Liña 79:
[[uk:Телефон]]
[[uk:Телефон]]
[[vi:Điện thoại]]
[[vi:Điện thoại]]
[[yi:טעלעפאן]]
[[zh:电话]]
[[zh:电话]]
[[zh-yue:電話]]
[[zh-yue:電話]]

Revisión como estaba o 25 de agosto de 2006 ás 18:57

Ficheiro:Phone handset.jpeg
Ficheiro:Phone numberpad.jpeg

O teléfono é un dispositivo de comunicación de voz a longa distancia a través de sinais eléctricos.

A súa invención atribuíase normalmente a Alexander Graham Bell, que construíu o primeiro en Boston (Massachusetts) en 1876. O 15 de xuño de 2002 o Congreso dos Estados Unidos de América recoñeceu oficialmente a Antonio Meucci como inventor do teléfono, ao que el chamara teletrophone.

Evolución do teléfono e a súa utilización

Desde a súa concepción orixinal, introducíronse melloras sucesivas tanto no propio aparello telefónico, como nos métodos e sistemas de explotación da rede.

No que se refire ó propio aparello telefónico, pódese sinalar:

  • A introdución do micrófono de carbón, que aumentaba de forma considerábel a potencia emitida e polo tanto o alcance máximo da comunicación.
  • O dispositivo “antilocal” para evitar a perturbación na audición causada polo ruido ambiente do local onde está instalado o teléfono.
  • A marcación por pulsos mediante o denominado disco de marcar.
  • A marcación por tonos multifrecuencia.
  • A introdución do micrófono de electrete o electret, prácticamente usado en tódolos aparatos modernos, que mellora de forma considerábel a calidade do son.

Canto ós métodos e sistemas de explotación da rede telefónica pódese sinalar:

  • A telefonía fixa ou convencional é aquela que fai referencia á líñas e equipos que se encargan da comunicación entre terminais telefónicos non portábeis e xeralmente ligados entre si ou coa central por meio de condutores metálicos.
  • A centralita telefónica de conmutación manual para a interconexión mediante a intervención dun operador/a de distintos teléfonos, creando desta forma un primer modelo de rede.
  • A introdución das centrais telefónicas de conmutación automática, constituidas mediante dispositivos electromecánicos, das que existiron, e nalgúns casos aínda existen, diversos sistemas (rotatorios, barras cruzadas e outros máis complexos).
  • A centrais de conmutación automática electromecánicas, pero controladas por ordenador.
  • As centrais dixitais de conmutación automática totalmente electrónicas e controladas por ordenador, a práctica totalidade das actuais, que permiten multitude de servizos complementarios ó propio estabelecimento da comunicación (os denominados servizos de valor engadido).
  • A introducción da Rede Dixital de Servicios Integrados (RDSI) e as técnicas xDSL ou de banda ancha (ADSL, HDSL, etc,) que permiten a transmisión de datos a máis alta velocidade.
  • A telefonía móbil ou celular, que posibilita a transmisión inalámbrica de voz e datos, podendo ser estes a alta velocidade nos novos equipos de terceira xeración.

Existen casos particulares en telefonía fixa nos que a conexión coa central faise por meios radioeléctricos, como é o caso da telefonía rural por acceso celular, na que se utiliza parte da infraestrutura de telefonía móvil para facilitar servizo telefónico a zonas de difícil acceso para as liñas convencionais de fío de cobre. Non obstante estas liñas considéranse,a tódolos efectos, como de telefonía fixa.

Unha comunicación de voz ocupa un ancho de banda de 3100 Hz, pero os operadores acostuman a reservar 4 Khz para cada canle de voz.