Jim O'Rourke: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m [r2.5.2] bot Engadido: ca:Jim O'Rourke
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: sv:Jim O'Rourke
Liña 41: Liña 41:
[[nl:Jim O'Rourke]]
[[nl:Jim O'Rourke]]
[[pl:Jim O'Rourke]]
[[pl:Jim O'Rourke]]
[[sv:Jim O'Rourke]]

Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2011 ás 13:09

Jim O'Rourke
En Estocolmo no 2005 con Sonic Youth
Data nacemento18 de xuño de 1969 (54 anos)
Nado enChicago
Ocupaciónguitarrista, compositor de bandas sonoras, músico e produtor musical
Instrumento(s)guitarra
Relacionado conSonic Youth, Brise-Glace, Gastr del Sol, Loose Fur, Illusion of Safety, Wilco, The Red Krayola
Na rede
IMDB: nm0642553 Allocine: 156834 Allmovie: p192539
Twitter: steamroomlive Bandcamp: steamroom Spotify: 46urSPEzIrRVqKqciwOq2f Last fm: Jim+O Musicbrainz: 172aab84-4c01-4dc0-b2ad-e723033e10ec Songkick: 242014 Discogs: 3550 Allmusic: mn0000756318 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jim O’Rourke (nado o 18 de xuño de 1969) é un músico e produtor estadounidense, asociado durante moito tempo tiempo á escea experimental de Chicago.

Coñecido por ter gustos excéntricos e como un experto en música moderna experimental, O’Rourke lanzou discos de jazz, noise e rock. Colaborou con xente como Bobby Conn, Derek Bailey, Stereolab, Loren Mazzacame Connors, Nurse with Wound, Fennesz, Organum, Henry Kaiser, Flying Saucer Attack, e máis recentemente mesturou os álbums Ys e Have One On Me de Joanna Newsom.

Produxo álbum de artistas tan variados coma Sonic Youth, Wilco, Stereolab, Saint Etienne, Kahimi Karie, Quruli, John Fahey, Smog, Faust, Tony Conrad, The Red Krayola, Bobby Conn, Beth Orton, Joanna Newsom e U.S. Maple. Mesturou o Yankee Hotel Foxtrot de Wilco e produxo o seu álbum do 2004, A Ghost Is Born, co cal gañou un Grammy ao mellor álbum alternativo. Durante a gravación de Yankee Hotel Foxtrot O'Rourke colaborou con Jeff Tweedy e Glenn Kotche nunha banda chamada Loose Fur. O seu auto-titulado álbum de estrea foi lanzado no 2003 ao que lle seguíu outro no 2006 titulado Born Again in the USA.

O'Rourke foi tamén membro de Illusion of Safety, Gastr Del Sol e Sonic Youth. A principios dos anos 2000 tocou o baixo, a guitarra e o sintetizador con Sonic Youth, ademais de hacer lobores de gravación e mestura. Foi membro da banda ata finais do ano 2005, pero continúa tocando con eles nalgúns dos seus proxectos paralelos.