Kilt: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MastiBot (conversa | contribucións)
m [r2.6.4] bot Engadido: bjn:Kilt
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ca:Kilt
Liña 55: Liña 55:
[[ar:إزار إسكتلندي]]
[[ar:إزار إسكتلندي]]
[[bjn:Kilt]]
[[bjn:Kilt]]
[[ca:Kilt]]
[[cs:Kilt]]
[[cs:Kilt]]
[[cy:Cilt]]
[[cy:Cilt]]

Revisión como estaba o 24 de febreiro de 2011 ás 12:13

Highland dress: Kilt, sporran e chaqueta Argyll.

O kilt é unha saia masculina confeccionada cun deseño en tartán, típico de Escocia. A cor do kilt, así como o deseño da cadrícula do tartán, diferencia aos diferentes clans das Highlands.

O kilt orixinal

Kilt.

A orixe do kilt está na feileadh mor, unha túnica longa e sen confeccionar, duns cinco metros de longo, que se recollía e ataba cun cinto para cubrirse tanto o corpo como as pernas. A tela sobrante colocábase sobre o ombreiro, suxeitándose cun broche. A súa colocación sobre os ombreiros variaba en función das condicións climáticas ou da necesidade de liberdade de movementos.

Evolución

A feileadh mor simplificouse prescindiendo da parte de arriba, deixando só o cinto e a saia. A prenda resultante recibiu o nome de feileadh beg, ou ("kilt pequeno"). Segundo a tradición, esta transformación debeuse a un inglés, director dunha fundición en Invergarry, que considerou que os seus empregados (todos eles ataviados co kilt tradicional), necesitaban maior liberdade de movemento para levar a cabo a súa angueira[Cómpre referencia].

Prohibición e supervivencia

Trala derrota dos xacobitas na batalla de Culloden en 1746 prohibíronse o kilt e outros elementos da vestimenta das Highlands. Porén, superviviu en parte grazas ó seu uso por parte dos reximentos das Highlands ao servizo do exército británico.

Na Primeira Guerra Mundial (a primeira guerra moderna que desenvolveu unha preocupación pola camuflaxe das tropas, rexeitando os coridos e abigarrados uniformes anteriores, demasiado visibles para o inimigo) os reximentos escoceses do exército británico levaban un kilt de cor caqui.

Os actuais reximentos das Highlanders adoitan levalo (pero non en acción), se ven xa non como unha prenda de vestir decote. Tamén acostuma ser usado en eventos como vodas, xogos e acontecementos similares.

Adopción nas nacións celtas


Foi popularizada durante o Rexurdimento do século XIX en Escocia. Desde finais do século XX, o kilt comezou tamén a ser adoptado progresivamente no resto dos países celtas como un sinal da moderna identidade celta e de rexurdimento histórico en certos contextos folclóricos.

Malia que o kilt é comunmente asociado só a Escocia, onde esta prenda é o traxe nacional desde hai dous séculos, o certo é que a saia masculina non é unicamente escocesa senón que é parte dunha máis extensa moda europea.

No espazo cultural atlántico sempre houbo intercambios desde moi antigo, e estes intercambios continúan a darse hoxe baixo diversas formas.

Desde que a saia con tartán ou kilt se recuperou como traxe nacional da Escocia, esta vestimenta foi progresivamente espertando o interese doutros curmáns celtas modernos na Irlanda, Gales, Galiza, Bretaña e Cornualles.

Irlanda mantivo sempre unhas relacións moi estreitas cos seus viciños escoceses. Isto levou a que o kilt e o tartan fosen importandos con naturalidade como un elemento complementario máis do folclore irlandés moderno. Aínda que obviamente con moita menor intensidade que na Escocia, onde cada familia ou clan ten o seu propio tartan, na Irlanda é posible ver individuos e grupos de gaitas vestindo en tartan e en kilt nalgúns eventos folclóricos. O tartan preferido para representar a Irlanda en kilt é o Irish National tartan, que sobre un fondo verde -a cor nacional irlandesa- ten fíos brancos, verde-escuros e laranxas, igual que as cores da bandeira do Éire.

Seguindo o exemplo de irlandeses, os entusiastas da identidade nacional galesa adoptaron un tartan nacional galés para identificar ao País de Gales en kilt. O Welsh National tartan leva unha combinación simples de liñas verdes e vermellas sobre un fondo verde, representando as cores da bandeira nacional galesa.

Galegos, bretóns, e cornualleses foron os seguintes en ir acollendo a noción do kilt ou saia celta como prenda que representa un ideal de irmandade cultural entre as fisterras celtas do Atlántico.

Cornualleses e bretóns teñen os tartans Cornish National e Brittany National para representar aos seus respectivos países en kilt. O Cornish National tartan inclúe as cores negra e branca da bandeira nacional sobre un amarelo que representa a liñaxe de reis cornualleses. O Brittany National ten unha laboriosa combinación de fíos cuxas cores representan o branco da bandeira, o verde do país e o azul do Atlántico.

De xeito similar aos anteriores, o Galicia National tartan ou Tartan Gallaecia é o tartan nacional galego para representar ao país en kilt. O tartan está baseado na cor azul, cunha gama de azul marino representando o noso Atlántico e un azul cobalto simbolizando o ceo e a cor histórica do Reino. Sobre o fondo azul discorren fíos en cor de prata, inspirados no branco da resaca do Atlántico do oeste, as neves das serras galegas do leste, e os mil ríos que percorren toda a Galiza, ademais de estar esta cor presente na bandeira histórica do Reino galego.

Alén do traxe propio tradizonal galego; desde hai anos, na Galiza pódense ver kilts ou saias en tartan en eventos culturais como a Festa Castrexa de Xunqueira de Ambía, o Lughnasad de Bretoña, o Intercéltico de Ortigueira, o Intercéltico de Moaña, a Festa da Carballeira de Zas, ou o San Pipote de Bardaos entre outros. Cada ano que pasa, o uso desta saia celta ven sendo máis común tanto entre afeizoados ao revivalismo histórico galego como entre homes que buscan un xeito diferente e elegante de vestir moda.

Na Bretaña, un grupo de seareiros da saia celta uniu forzas nunha asociación co fin de promocionar o uso do kit no seu país. Desde o ano 2003, os bretóns da Association Breizhlanders reúnense en festivais folclóricos e conmemoracións de todo tipo para mostrar a vestimenta desta elegante prenda de vestir masculina que eles consideran que xa non é unha exclusividade escocesa, senón un símbolo identitario dos celtas modernos.

No website desta asociación afirman que «O kilt é o símbolo da vestimenta intercéltica por excelencia». «Todas as persoas xustifican a súa maneira de ser e o seu modo de vivir en base á súa libre pertenza a un grupo cultural. Os bretóns poden vestir o kilt por todas as razóns que se queiran, mais o motivo principal é a vontade de afirmar a diferencia cultural da Bretaña e de achegar ao país as modas que existen nas outras nacións celtas».

Véxase tamén

Ligazóns externas