Ramsés II: Diferenzas entre revisións
*constructor -> construtor |
m r2.7.1) (bot Eliminado: no:Ramses II av Egypt |
||
Liña 95: | Liña 95: | ||
[[ml:രാംസെസ്സ് രണ്ടാമൻ]] |
[[ml:രാംസെസ്സ് രണ്ടാമൻ]] |
||
[[nl:Ramses II]] |
[[nl:Ramses II]] |
||
[[no:Ramses II av Egypt]] |
|||
[[oc:Ramses II]] |
[[oc:Ramses II]] |
||
[[pl:Ramzes II]] |
[[pl:Ramzes II]] |
Revisión como estaba o 24 de febreiro de 2011 ás 11:46
Ramsés II foi un faraón do antigo Exipto da XIX dinastía. Reinou durante preto de sesenta anos. Sucedeu a Seti I cara o 1300 a.C. como elixido do deus Ra. Trátase dun dos faraóns máis coñecidos na actualidade.
Foi un complexo personaxe: gran proxenitor foi pai de más dun centenar de fillos de excepcional lonxevidade (permaneceu no trono durante uns 70 anos), marido de catro das súas fillas (tivo seis esposas e multitude de favoritas), pasou a historia como un piadoso e valente xeral, infatigable construtor de grandiosos monumentos, gran lexislador, colonizador e diplomatico.
Foi un lider con grandes cualidades físicas, intelectuais e morais que dominou durante boa parte do século XIII a.C. desde a quinta catarata do Nilo ata a beira do río Éufrates cando xa Exipto iniciaba o seu delive.
Trás acompañar ao seu pai desde pequeno, seguno a estela de Kuban aos 10 anos xa era xefe do exército) accedeu ao trono posiblemente no ano 1279 a.c., cando debía ter uns 25 anos.
Desde o seu ascenso ao trono o seu obxectivo foi proseguir e ampliar as accións emprendidas polo seu pai de expansión económica e territorial do imperio.
Dirixiu varias empresas militares contra Siria e Palestina. Tras dezaseis anos de loita e a infrutuosa batalla de Qades, asinou un tratado de paz cos hititas. Este acordo co rei Hatusilis buscou un equilibrio de forzas co río Orontes como fronteira e intentaba frear a Asiria.
Estableceu unha nova capital: a cidade de Ramsés, no delta do Nilo.
As súas construcións pasaron á historia da arquitectura universal: os templos de Abu Simbel e Hator. A cidade de Tebas foi engrandecida monumentalmente, salientando o templo de Amón.
Á súa morte, no ano 1235 a.C, sucedeuno o seu fillo decimocuarto Merneptah.
A súa titulatura. Os seus nomes
Cinco nomes compoñen a súa Titulatura:
- O nome de Horus: "Touro victorioso, amado de Maat".
- O nome das Dúas Deusas: "Protector de Exipto, conquistador de países extranxeiros".
- O nome de Horus de Oro: "Rico en anos, grande en victorias".
- O nome do Rei do Alto e do Baixo Exipto: "Poderoso po a Maat de Re" ou "Re é poderoso de Maat (Usermaatre).
- O nome do Fillo de Re: "Nacido de Re, amado de Amón".
Véxase tamén
Bibliografía
- Menu, Bernadette (1998). Ramsés II. Ediciones B, S.A. ISBN 84-406-8828-8.
Antigo Exipto | ||
---|---|---|
Segue a: Seti I |
Ramsés II | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
XIX |