Guerra de Independencia irlandesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Modificado: ko:아일랜드 독립 전쟁
Liña 27: Liña 27:
[[it:Guerra d'indipendenza irlandese]]
[[it:Guerra d'indipendenza irlandese]]
[[ja:アイルランド独立戦争]]
[[ja:アイルランド独立戦争]]
[[ko:아일랜드 독립전쟁]]
[[ko:아일랜드 독립 전쟁]]
[[ms:Perang Kemerdekaan Ireland]]
[[ms:Perang Kemerdekaan Ireland]]
[[nl:Ierse Onafhankelijkheidsoorlog]]
[[nl:Ierse Onafhankelijkheidsoorlog]]

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2011 ás 22:05

Monumento conmemorativo da Guerra de Independencia Irlandesa

A Guerra de Independencia Irlandesa (tamén coñecida como a Guerra Anglo-Irlandesa) é o nome da campaña montada contra a policía real irlandesa, o exército británico e os Black and Tans en Irlanda polo exército republicano irlandés (tamén coñecido pola súa sigla en inglés, IRA, aínda que debe ser diferenciado da organización posterior que opera baixo as iniciais IRA), xeralmente datada entre xaneiro de 1919 e xullo de 1921, cando foi establecida a tregua.

Tivo as súas orixes na formación do unilateralmente creado parlamento irlandés, chamado Dáil Éireann, conformado pola maioría dos membros do parlamento electos para formar parte do parlamento británico en Westminster. Este parlamento, coñecido como o primeiro Dáil, e o seu ministro, coñecido como o Áireacht, declararon a independencia de Irlanda. O IRA, como o 'exército da República Irlandesa', tiña a obrigación, segundo algúns membros do Dáil Éireann, de iniciar guerra sobre a administración británica no Castelo de Dublín, a cal gobernaba Irlanda.

A guerra rematou cunha tregua en 1921, a cal levou á negociación do Tratado Anglo-Irlandés (1921) e a creación do Estado Libre Irlandés en 1922. Unha minoría daqueles involucrados na Guerra de Independencia non quixo aceptar o tratado, polo que foi iniciada a Guerra Civil Irlandesa a cal durou ata mediados de 1923 e custou as vidas dalgúns líderes do movemento de independencia, en especial Michael Collins e Rory O'Connor.

Un monumento conmemorativo chamado o xardín do recordo foi erixido en Dublín en 1966, durante o cincuenta aniversario do Levantamento de Pascua.