Atol Tarawa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Alfabetizo
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: vi:Tarawa
Liña 122: Liña 122:
[[th:ตาระวา]]
[[th:ตาระวา]]
[[tl:Karang ng Tarawa]]
[[tl:Karang ng Tarawa]]
[[vi:Tarawa]]
[[zh:塔拉瓦环礁]]
[[zh:塔拉瓦环礁]]

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2011 ás 10:43

Tarawa
Tarawa (norte) e Maiana (sur) desde o espazo (1998)
Datos
País Quiribati - Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2005) 45.989 hab.
Superficie 33´7 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas 24
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura
Localización
Localización do atol Tarawa

Tarawa é un atol no Océano Pacífico central que foi a capital da antiga colonia británica das Illas Gilbert e Ellice. Tarawa Sur, a parte do sur do atol, salvo Betio, é agora a illa capital da República de Kiribati. A illa é famosa por acoller a batalla de Tarawa durante a Segunda Guerra Mundial.

Xeografía

Tarawa está formada por un mínimo de 24 illotes, dos cales 8 están habitadas. A cidade máis grande (Bikenibeu), o aeroporto internacional de Tarawa e o aeroporto de Bonriki atópanse en en o Tarawa Sur (Bairiki).

Illotes

Aldeas de Tarawa

Pobos e aldeas

Abatao - Bairiki (Tarawa Sur) - Bikenibeu - Bonriki - Buariki - Buota - Eita - Marenanuka - Taborio - Teaoraereke

Administración

Este atol ten tres subdivisións administrativas:

  • Teinainano Urban Council (ou TUC, en inglés), de Bairiki a Bonriki, e coñecido en inglés como South Tarawa, é a capital da república;
  • Betio Town Council (ou BTC), no illote de Betio;
  • North Tarawa ou Tarawa Ieta (todos os illotes da parte norte).

O principal centro administrativo da República de Kiribati atópase na illa de Bairiki, un dos illotes no sur de Tarawa. Pero o Parlamento atópase situado no illote de Amboy parte da administración está en Betio ou en Bikenibeu e ata unha en Kiritimati.

Historia

Defensas xaponesas da Segunda Guerra Mundial

Durante a Segunda Guerra Mundial Tarawa foi ocupada polas tropas xaponesas e o 20 de novembro de 1943 comezou unha sanguenta batalla (a batalla de Tarawa) cando as tropas americanas tomaron terra nos atois de Tarawa e Makin baixo forte fogo xaponés.

Esta illa tamén foi tomada como base dun xogo de vídeo "Medal of Honra: Pacific Assault"

Economía

No illote de Betio atópase o principal porto a través do cal expórtase a copra e as perlas que son as principais exportacións da illa.

Demografía

A poboación en 1990 era de 28.802 persoas. A poboación é principalmente de orixe micronesio.

O libro The Sex Lives of Cannibals por J. Maarten Troost é unha narración cómica dos dous anos que pasou o autor na illa de Tarawa.