Provincia de León: Diferenzas entre revisións
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro. |
m r2.4.6) (bot Engadido: tr:León (il) |
||
Liña 136: | Liña 136: | ||
[[sv:León (provins)]] |
[[sv:León (provins)]] |
||
[[sw:Mkoa wa León]] |
[[sw:Mkoa wa León]] |
||
[[tr:León (il)]] |
|||
[[uk:Леон (провінція)]] |
[[uk:Леон (провінція)]] |
||
[[war:Provincia de León]] |
[[war:Provincia de León]] |
Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2011 ás 00:33
Capital | León |
Área | 15.581 km² |
Poboación | 495.902 (ano 2005) |
Densidade | 31,82 hab./km² |
Concellos | 211 |
Xentilicio | leonés |
León (Llión, en lingua leonesa) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.
Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².
Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.
Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:
- Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica [1], e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, nomeadamente en zonas septentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.
- Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen". Apesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.
Xeografía política
Comarcas
- Tierras de León
- O Bierzo, conta co único ente comarcal recoñecido polo Estatuto de Autonomía de Castela e León e que comprende na actualidade outras antigas comarcas como A Cabreira, os Ancares leoneses ou a Terra de Aguiar; Na parte occidental da comarca fálase o galego amecido co leonés en diversos grados.
- El Páramo
- Laciana
- Valle de Gordón
- A Maragatería
- Babia
- La Cepeda
- La Valduerna
- Ribera del Órbigo
- La Cabrera
- La Valdería
- Vega del Esla
- La Sobarriba
- La Tercia del Camino
- Tierra de Campos
- Tierra de la Reina
- Omaña
- Luna
- Los Argüellos
- Ordás
Monumentos e lugares de interese
- Catedral de León
- Basílica de San Isidoro
- Casa Botines
- Hostal de San Marcos de León
- Palacio de los Guzmanes
- Conxunto histórico urbano
- Palacio Episcopal de Astorga
- Catedral de Santa María
- Ergástula romana
- Casa do Concello
- Castillo de Ponferrada
- Basílica de la Encina
- Casa do Concello
- Igrexa da Peregrina
- Igrexa de San Lourenzo
- Igrexa de San Tirso
- Ermida da Virgen del Puente
- Ermida de San Juan de Sahagún
- Restos da Abadía Benedictina
- Conxunto histórico urbano
- Igrexaa de Santiago
- Igrexaa de San Francisco
Outras localidades:
- Arbas del Puerto - Colegiata de Santa María
- Carracedo do Bierzo - Mosteiro
- Carucedo - As Médulas
- Castrillo de los Polvazares - Conxunto histórico
- Compludo -Ferrería
- Gradefes - Mosteiro de Santa María de Gradefes
- Lois - Igrexa
- Mansilla de las Mulas - Recinto murado
- Peñalba de Santiago - Igrexa mozárabe de Santiago
- San Miguel de Escalada - Mosteiro de San Miguel
- Santo Tomás de las Ollas - Igrexa prerrománica
- Vallecillo (León) - Igrexaa de Vallecillo
- Valporquero de Torío - Cova de Valporquero
- Villaverde de Sandoval - Mosteiro de Santa María