Ano Santo Xacobeo: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
lig int |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{outroshomónimos|Xacobeo}} |
{{outroshomónimos|Xacobeo}} |
||
{{Outroshomónimos|Ano |
{{Outroshomónimos|Ano}} |
||
O '''Ano Santo Xacobeo''', tamén chamado '''Ano Santo compostelán''', é unha celebración [[Igrexa Católica Romana| católica]] que se celebra en [[Santiago de Compostela]] os anos que o [[25 de xullo]], festividade do Apóstolo, cae en [[domingo]]. Isto sucede cunha regularidade de 28 anos de '''6-5-6-11''' anos, o que supón que en cada século se celebren catorce Xacobeos. |
O '''Ano Santo Xacobeo''', tamén chamado '''Ano Santo compostelán''', é unha celebración [[Igrexa Católica Romana| católica]] que se celebra en [[Santiago de Compostela]] os anos que o [[25 de xullo]], festividade do Apóstolo, cae en [[domingo]]. Isto sucede cunha regularidade de 28 anos de '''6-5-6-11''' anos, o que supón que en cada século se celebren catorce Xacobeos. |
||
Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2011 ás 23:51
O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo compostelán, é unha celebración católica que se celebra en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto sucede cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século se celebren catorce Xacobeos.
Historia e características
Para conseguir a bula xubilar ou xubileu o católico ten que visitar a Catedral de Santiago de Compostela, onde segundo a tradición está o sartego do apóstolo Santiago o maior, rezar algunha oración, cando menos o Credo, o Noso Pai e pedir polas intencións do papa. Tamén debe recibir os sacramentos da comuñón e da penitencia. A gracia que o peregrino obtén en ano santo é a indulxencia plenaria dos seus pecados.
O primeiro ano santo compostelán do que se ten noticia é o do ano 1428, convocado polo arcebispo Lope de Mendoza, aínda que a historiografía tradicional afirmaba que se debía a unha bula do papa Calisto II no ano 1122 grazas a unha falsificación feita a fins do século XV da bula de Alexandre III, Regis Aeterni, que o establecía así.
OS 28 ANOS SANTOS XACOBEOS DOS SÉCULOS XX e XXI | ||||
---|---|---|---|---|
+6 | +5 | +6 | +11 | |
+28 | 1909 | 1915 | 1920 | 1926 |
+28 | 1937 | 1943 | 1948 | 1954 |
+28 | 1965 | 1971 | 1976 | 1982 |
+28 | 1993 | 1999 | 2004 | 2010 |
+28 | 2021 | 2027 | 2032 | 2038 |
+28 | 2049 | 2055 | 2060 | 2066 |
+28 | 2077 | 2083 | 2088 | 2094 |
Fonte: Calendario perpetuo |
Galeria de Imaxes
-
Selo de 1937 conmemorativo do Ano Santo
-
Contador Xacobeo 2010, Santiago de Compostela