Ryszard Kapuściński: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 96: Liña 96:
[[sk:Ryszard Kapuściński]]
[[sk:Ryszard Kapuściński]]
[[sv:Ryszard Kapuściński]]
[[sv:Ryszard Kapuściński]]
[[uk:Ришард Капусцинський]]
[[yo:Ryszard Kapuscinski]]
[[yo:Ryszard Kapuscinski]]

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2011 ás 21:59

Ryszard Kapuściński

Ryszard Kapuściński, nado en Pińsk, daquela Polonia, o 4 de marzo de 1932 e morto en Varsovia o 23 de xaneiro de 2007, foi un xornalista, escritor e ensaísta.

Traxectoria

Pińsk, a súa cidade natal, pertencía nos anos trinta á provincia polaca de Kresy, na súa fronteira oriental, mais na actualidade é territorio bielorruso. Sufriu na súa infancia as consecuencias da Segunda Guerra Mundial, o que marcaría a súa vida e obra posteriores. Despois de estudar Historia e Arte na universidade de Varsovia, Kapuściński comezou a traballar no semanario Sztandar Młodych como reporteiro de asuntos locais, a primeiros dos anos cincuenta. Pero por unha casualidade é destinado á India para facer reportaxes sobre aquel país, como consecuencia da visita do Pandit Nehru a Polonia e do achegamento entre os gobernos dos dous países. A partir de aí comezou unha carreira como xornalista internacional por China, América Latina e sobre todo a África da descolonización, como único correspondente da Axencia Polaca de Prensa no mundo en desenvolvemento.

Colaborou tamén en Time, The New York Times e Frankfurter Allgemeine Zeitung, como correspondente de guerra durante moitos anos e acadando un grande éxito grazas ó seu peculiar estilo, que o converteu nun xornalista de culto e figura relevante da cultura a nivel mundial.

A partir de 1960, Kapuściński comeza a publicar o seu labor xornalístico en libros, mais non en escolma de reportaxes, senón como obras autenticamente novas. O seu estilo foxe dos grandes acontecementos históricos e das datas oficiais, para narrar a caída e a proclamación dos réximes polos personaxes cos que ten contacto, dende taxistas a xenerais. O seu foi un xornalismo fondamente literario, cunha linguaxe moi coidada e expresiva, e inzada de xogos metaliterarios con referencia aos libros cos que el vai tomando contacto coas novas realidades de países descoñecidos.

Desde 1962 compaxinou as súas colaboracións periodísticas coa actividade literaria e exerceu como profesor en varias universidades. Na actualidade forma parte da Asociación polaca de Artistas Fotógrafos. Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Silesia en 1997 e ata 1981 foi correspondente no estranxeiro.

A súa produción literaria foi traducida a multitude de idiomas e recibiu unha excelente acollida por parte do público e da crítica amante dos relatos de viaxes. Falaba con fluidez oito idiomas, entre eles o francés, o inglés, o ruso e o español.

Premios e recoñecementos

  • Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, 2003.
  • Distinguido co título de Xornalista do Século nunha consulta realizada ós lectores da revista mensual Press.
  • Premio J. Parandowski do Pen Club polaco (1989).
  • Premio Goethe (Hamburgo)
  • Premio da fundación A. Jurzykowski (Nova York)
  • Premio de l´Astrolabe (Francia)
  • Premio dos editores e libreiros alemáns
  • Premio da Fundación Turzanski (Toronto)
  • Premio Literario Linda das cidades de Torun e Göttingen
  • Premio Icaro
  • Premio Bruno Kreisky para libros políticos (2004).
  • Doutor honoris causa pola Universitat Raimon Llull (2005).
  • Soou como favorito para acadar o premio Nobel de Literatura, pero non o conseguiu.

Obra literaria

Ningunha das súas obras foi traducida polo de agora ao galego.

Véxase tamén

Ligazóns externas