Camille Claudel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: an:Camille Claudel
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 33: Liña 33:
[[sv:Camille Claudel]]
[[sv:Camille Claudel]]
[[tr:Camille Claudel]]
[[tr:Camille Claudel]]
[[uk:Камілла Розалі Клодель]]
[[zh:卡米耶·克洛岱爾]]
[[zh:卡米耶·克洛岱爾]]

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2011 ás 10:13

Camille Claudel

Camille Claudel, nada en Fère-en-Tardenois, Aisne, en 1864 e finado en 1943, foi unha escultora francesa.

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia familia acomodada, cando Camille aínda era unha meniña a familia trasladouse a Villeneuve-sur-Fère e aquí naceu o seu irmán, o poeta e diplomático, Paul Claudel en 1866. Aínda que a familia residiu posteriormente noutras localidades, os verán sempre o pasaron en Villeneuve. En 1881 a familia trasládase a París. Tentou entrar na École des Beaux-Arts, pero non a admitiron por ser muller, polo que aluga un estudo que comparte con dúas americanas, entre as que está Jessie Lipscomb, e onde lles dá clase un profesor da École, ata que en 1883 marcha a Roma e pídelle a Auguste Rodin que o substitúa, tras algunhas vacilacións decide aceptar, coa condición que Camille vaia ao seu obradoiro. Alí convértese na súa inspiración, o seu modelo, a súa confidente e a súa amante. O coñecemento da súa relación pola familia levou a que Camille deixara a casa familiar. En 1892 rematou a súa relación amorosa con Rodin, aínda que se seguiron vendo regularmente ata 1898.

A partir de 1905 a saúde mental de Camille comeza a degradarse, desaparece por longos períodos de tempo, destrúe gran parte da súa obra e ten crises de paranoia. Acousou a Rodin de roubarlle as súas ideas e de tentar asasinala. Logo da voda do seu irmán, en 1906, ela viviu practicamente confinada no seu estudo. En 1913, pouco despois da morte do seu pai, a súa nai decide internala nun sanatorio psiquiátrico, onde morrera en 1943.