Juan Gris: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m [r2.5.1] bot Modificado: ru:Хуан Грис
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:JuanGris.Portrait of Picasso.jpg|thumb|right|Retrato de [[Picasso]].]]
'''José Victoriano González-Pérez ''' coñecido artisticamente como '''Juan Gris''', nado en [[Madrid]] o [[23 de marzo]] de [[1887]] e finado en [[Boulogne-Sur-Seine]] o [[11 de maio]] de [[1927]], foi un [[pintor]] [[España|español]] que desenvolveu a súa actividade principalmente en [[París]], é considerado como un dos mestres do [[cubismo]].
'''José Victoriano González-Pérez ''' coñecido artisticamente como '''Juan Gris''', nado en [[Madrid]] o [[23 de marzo]] de [[1887]] e finado en [[Boulogne-Sur-Seine]] o [[11 de maio]] de [[1927]], foi un [[pintor]] [[España|español]] que desenvolveu a súa actividade principalmente en [[París]], é considerado como un dos mestres do [[cubismo]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:JuanGris.Portrait of Picasso.jpg|thumb|Retrato de [[Picasso]].]]
Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como ''Blanco y Negro'' e ''Madrid Cómico''.
Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como ''Blanco y Negro'' e ''Madrid Cómico''.



Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2011 ás 01:17

Retrato de Picasso.

José Victoriano González-Pérez coñecido artisticamente como Juan Gris, nado en Madrid o 23 de marzo de 1887 e finado en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927, foi un pintor español que desenvolveu a súa actividade principalmente en París, é considerado como un dos mestres do cubismo.

Traxectoria

Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como Blanco y Negro e Madrid Cómico.

No ano 1906 trasladouse para París (Francia), onde coñeceu a Pablo Picasso e a Georges Braque. Os primeiros anos gañou a vida debuxando para as revistas L'Assiette du Beurre (O prato de manteiga) e 'Charavari' (Chocallada).

Durante a Primeira Guerra Mundial (1914 - 1918) aínda en París, realizou a súa primeira exposición individual en 1919. Durante a década de 1920 a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos cuarenta anos, en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927.

Obra

As súas primeiras obras cubistas datan de 1912, ano no que expón no Salón dos Independentes de Barcelona a súa "Homaxe a Picasso", asinando un contrato en exclusiva co marchante Henry Kahnweiler, que morre en 1914. No ano seguinte pasou o verán con Picasso en Ceret, período no que comezou a desenvolver a tècnica do papier collé (formas recurtadas en papel e pegadas no lenzo).

Entre 1922 e 1924 realiza escenografías para dous ballets de Sergei Diaghilev, Les tentations de la Bergère (As tentacións da pastora) e La Colombe (A pomba), ao tempo que continuaba a pintar. Logo de 1925 utilizou sobretodo a guache e máis a acuarela, realizando algunhas ilustracións para libros.

As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.

Obras destacadas

Parte das súas pinturas cubistas son naturezas mortas, entre as que se inclúen Guitarra e botella (1917, Museo de Arte de Filadelfia), O taboleiro de xadrez (1917, Museo de Arte Moderno de Nova York) e Botella e froiteiro (1919, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid). Tamén tratou outros temas, como mostra en O fumador (1913, Museu Thyssen-Bornemisza). Un exemplo da seua técnica de papier collé é Gotas e xornal (1914, Museo de Arte do Smith College, Northampton, Massachusetts).

Galería