Bielsa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: war:Bielsa
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.4.6) (bot Engadido: uk:Б'єльса
Liña 81: Liña 81:
[[pt:Bielsa]]
[[pt:Bielsa]]
[[ru:Бьельса]]
[[ru:Бьельса]]
[[uk:Б'єльса]]
[[vi:Bielsa]]
[[vi:Bielsa]]
[[war:Bielsa]]
[[war:Bielsa]]

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2011 ás 20:47

Bielsa é un municipio da comarca do Sobrarbe, na provincia de Huesca en Aragón. Unha parte do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido pertence a este municipio.

Xeografía

Situada na confluencia dos ríos Cinca e Barrosa, sobre a morrena frontal dun val de orixe glaciar: o val ou Bal de Bielsa.

A estrada A-138 comunícaa con Ainsa polo sur e con Francia, por túnel, polo norte.

Localidades limítrofes

Limita con Fanlo e con Puértolas ao oeste e ao sur, con Tella-Sen ao oeste, ao sur e ao leste, con Gistaín ao leste e con Francia ao norte.

Historia

Poboación de orixe medieval. En 1191 Afonso II de Aragón concede a un tal Pedro Amilán a explotación dunhas minas de prata situadas no termo de Bielsa, coa autorización para erixir na paraxe vila, castelo e muíños a condición de que lle reservase ao monarca a décima parte do mineral extraído. Durante os séculos seguintes cambiou de mans en varias ocasións, ata que en 1445 os habitantes de Bielsa compran ao seu señor, Raimundo Montaner, a vila e o castelo con todos os seus termos e dereitos, para cederllos ao rei de Aragón, Afonso V. Puxeron como condición quedar unidos á coroa a perpetuidad. En 1450 a poboación contaba con 80 lumes.

Durante a Guerra Civil a vila foi practicamente arrasada a resultas do episodio da Bolsa de Bielsa. Ao finalizar a guerra emprendeuse a súa reconstrución.

Economía

Administración

Alcaldes

Lexislatura Nome Grupo
1979-1983 Antonio Gradua PSOE
1983-1987 Antonio Gradua PSOE
1987-1991 Antonio Gradua PSOE
1991-1995 Antonio Gradua PSOE
1995-1999 Antonio Gradua PSOE
1999-2003 Antonio Gradua PSOE
2003-2007 Antonio Gradua PSOE
2007 - **** Antonio Gradua PSOE

Demografía

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008
841 861 1.856 1.232 781 900 711 621 429 430 462 528

Monumentos

Monumentos relixiosos

Igrexa parroquial de tres naves do século XVI. foi reformada en diversas ocasións, as últimas xa no século XX.

Monumentos civís

O Concello sitúase nun edificio renacentista do século XVI. A fachada ábrese ao pé nun soportal de cinco arcos de medio punto apoiados sobre catro recias columnas. Unha das esquinas superiores (a dereita desde o punto de vista do observador) está rematada por unha torrecilla defensiva con troneras

Cultura

En Bielsa aínda é posible oír falar en belsetán, unha das variantes dialectales do idioma aragonés.

Na vila hai un museo etnológico.

O entroido de Bielsa, celebrado en febreiro, é un dos máis antigos de España. Algúns dos personaxes típicos mostran claras reminiscensias pagás asociadas a ritos de fertilidade. É o caso das trangas, disfrace masculino que incorpora peles de cabra, cornamentas e esquilas, ademais dunha longa vara. Outros personaxes son as madamas (señoritas ou doncelas), l'onso (oso), l'amontato (vella de aspecto grotesco que leva sobre as súas costas un home como símbolo de renovación) , ou Cornelio Zorrilla, un boneco de palla que permanece colgado na fachada do Concello durante os festexos, e que é queimado cando estes conclúen logo dun xuízo polos seus malos actos.

O núcleo urbano de Bielsa foi declarado Paraxe Pintoresca en 1976.

Festas

  • Entroido de Bielsa, en febreiro
  • Festas patronais, o 15 de Agosto
  • Festa de Primavera, en xuño