Clodia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Klodija
Beninho (conversa | contribucións)
m Retiro marcador {{illado}}
Liña 1: Liña 1:
{{illado}}
'''Claudia Pulcra Tercia''', coñecida como '''Clodia''' ou '''Claudia Metela''', nada en 95 a. C., foi unha [[Patricio|patricia]] romana.
'''Claudia Pulcra Tercia''', coñecida como '''Clodia''' ou '''Claudia Metela''', nada en 95 a. C., foi unha [[Patricio|patricia]] romana.



Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2011 ás 14:56

Claudia Pulcra Tercia, coñecida como Clodia ou Claudia Metela, nada en 95 a. C., foi unha patricia romana.

Traxectoria

Foi a terceira filla do patricio Apio Claudio Pulcro e Cecilia Metela Baleárica e irmá de Publio Clodio Pulcro. Non debe ser confundida coa súa sobriña, Clodia Pulcra, brevemente casada con Octaviano. Ao igual ca as mulleres de clase alta da súa época, Clodia recibiu boa educación en grego e mais en filosofía, cun talento especial para escribir poesía. A súa vida, inmortalizada nos escritos de Cicerón e tamén, segundo crenza xeral, nos poemas de Catulo, foi caracterizada por continuos escándalos.

Existe así mesmo unha versión de 1896 sobre os amores de Clodia co seu irmán e outros patricios romanos en "Vies imaginaires", de Marcel Schwob.