Adelchis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de agosto de 2006 ás 13:09

Adelchis foi un príncipe lombardo de Italia, fillo do rei Desiderio. Sendo elixido o seu pai en 757, foi asociado ao trono en 759.

Tras a capitulación do seu pai en Pavía cercada polos francos de Carlomagno (marzo de 774), vendo o final irremediábel do reino longobardo, decide fuxir e refúxiase en Bizancio (775) onde recibe o título de patricio.

Desde Bizancio, espera poder reconquistar o reino longobardo e tomar o poder, pero fracasa na súa tentativa de invasión de Italia meridional, apoiado pola emperatriz Irene; é rexeitado en 787 por unha coalición composta polo xove príncipe longobardo Grimoaldo III de Benevento, vasalo de Carlomagno, e os francos. Morre no curso da expedición ou pouco despois en Bizancio, en 788.

Inspirou a obra do escritor italiano Manzoni, «Adelchi» (nome italiano de Adelchis)

Ligazóns

  • [1] : Representación de Adelchis.

Ver tamén