Liberdade de culto: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ar:حرية الاعتقاد |
m r2.7.1) (bot Engadido: sh:Sloboda religije |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
[[ro:Libertate religioasă]] |
[[ro:Libertate religioasă]] |
||
[[ru:Свобода вероисповедания]] |
[[ru:Свобода вероисповедания]] |
||
[[sh:Sloboda religije]] |
|||
[[simple:Freedom of religion]] |
[[simple:Freedom of religion]] |
||
[[sv:Religionsfrihet]] |
[[sv:Religionsfrihet]] |
Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2011 ás 11:16
A liberdade de culto ou liberdade relixiosa oé un dereito fundamental que se refire á opción de cada ser humano de elixir libremente a súa relixión, de non elixir ningunha ou de non crer ou validar a existencia dun certo Deus e poder exercer dita crenza publicamente, sen ser vítima de opresión nin discriminación.
Historia e características
Este concepto vai alén da simple tolerancia relixiosa que permite, como unha concesión, o exercicio de relixións distintas á oficial, en situacións de confesionalidade do Estado propias do Antigo Réxime. Nas democracias modernas, xeralmente o Estado garante a liberdade relixiosa a todos os seus cidadáns, pero na práctica a elección do credo vén dada por costumes familiares e sociais, asociándose frecuentemente certas sociedades a certas relixións. Ademais, as situacións de discriminación relixiosa ou intolerancia relixiosa seguen a ser moi frecuentes en distintas partes do mundo, rexistrándose casos de intolerancia, preferencia dunha relixión sobre doutras e persecución a certos credos.
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no citado artigo 18, indica:
Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Human Rights Watch (en inglés)