Antonio Brufau: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Antonio Brufau Niubó''',(Mollerussa, 1948), empresario catalán, Licenciado en Ciencias Económicas pola Universitat de Barcelona e Máster en Economía..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2011 ás 11:58

Antonio Brufau Niubó,(Mollerussa, 1948), empresario catalán, Licenciado en Ciencias Económicas pola Universitat de Barcelona e Máster en Economía por IESE.

Carreira empresarial

Incorporouse a La Caixa en 1988 como Director Xeral Adxunto e responsábel do grupo industrial da entidade. Anteriormente, foi Socio Director na firma Arthur Andersen. En La Caixa xogou un papel determinante, xunto co entón presidente de La Caixa Josep Vilarasau e Isidre Fainé, no proceso de fusión da Caixa de Pensións de Cataluña e Baleares e a Caixa de Aforros e Monte de Piedade Barcelona, que deu lugar a La Caixa. En 1994, en representación de La Caixa, Brufau pasou a presidir o parque temático Port Aventura.

En xullo do ano 1997, foi nomeado Presidente do Grupo Gas Natural cargo que ocupou até 2004. Durante este período a compañía gasista experimento unha importante transformación e expansión internacional.

Dende 1996 ata 2004, Brufau foi membro do Consello de Administración de Repsol. No ano de 2004 é nomeado Presidente Executivo de Repsol YPF, S.A., unha multinacional integrada de petróleo e gas natural. Dende a súa chegada á Presidencia de Repsol, a compañía renovou a súa estrutura organizativa e fixou os eixes prioritarios de crecemento en Upstream, Gas natural Licuado (GNL) e Downstream.