Cornualla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m [r2.5.2] bot Engadido: pnb:کارنوال
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tl:Cornualles
Liña 85: Liña 85:
[[Categoría:Reino Unido]]
[[Categoría:Reino Unido]]
[[Categoría:Cornualles]]
[[Categoría:Cornualles]]

[[gd:A’ Chòrn]]


[[af:Cornwall]]
[[af:Cornwall]]
Liña 109: Liña 111:
[[fy:Cornwall]]
[[fy:Cornwall]]
[[ga:Corn na Breataine]]
[[ga:Corn na Breataine]]
[[gd:A’ Chòrn]]
[[gv:Yn Chorn]]
[[gv:Yn Chorn]]
[[he:קורנוול]]
[[he:קורנוול]]
Liña 150: Liña 151:
[[ta:கோர்ன்வால்]]
[[ta:கோர்ன்வால்]]
[[th:คอร์นวอลล์]]
[[th:คอร์นวอลล์]]
[[tl:Cornualles]]
[[tr:Cornwall]]
[[tr:Cornwall]]
[[ug:Kornwél]]
[[ug:Kornwél]]

Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2011 ás 01:01

Kernow ou Cornwall
Bandera de Cornualles
Lema: One and All (inglés: «Un e Todo»)
Idiomas Inglés, Córnico
Capital Truro
Superficie 3.563 km²
Poboación (2002)
 
513.527
143/km²
Moeda Libra esterlina (£) (GBP)
Festas Sen Pyran (5 de marzo)
Situación
Distritos
  1. Penwith
  2. Kerrier
  3. Carrick
  4. Restormel
  5. Caradon
  6. Cornualles setentrional
  7. Isles of Scilly (Illas Sorlingas)

Cornualles (Cornwall, en inglés; Kernow en córnico) é un condado administrativo e cerimonial, considerado ás veces como unha nación polos seus habitantes, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra.

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo Canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á Ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Sorlingas (Isles of Scilly) están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á Coroa Británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camilla Mountbatten-Windsor (Camilla Parker-Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Política e lingua

Os nacionalistas córnicos están organizados en dous partidos políticos: Mebyon Kernow e o Cornish Nationalist Party. Tamén hai un movemento partidario da autonomía que recolleu 50.000 sinaturas.

A lingua córnica está emparentada co galés e o bretón, formando as tres o grupo britónico de linguas celtas, distinguíndose do grupo goidélico que forman o irlandés, gaélico escocés e manx. Foi lingua viva até 1777 sendo Dolly Pentreath a derradeira persoa monolingüe. A publicación de "Handbook of the Cornish Language" en 1904 provocou un interese por revivila.

Pese a que non se realizou ningún censo ó respecto, suponse que hai unhas 2.000 persoas que falan o idioma, aínda que só unhas 100 o fan fluidamente. Recentemente o goberno británico recoñeceuna como idioma minoritario.

Algúns apelidos teñen os prefixos Tre, Pol, ou Pen, e como di o seu dito "por Tre, Pol e Pen saberás quen é córnico."

Historia

O nome inglés moderno deriva do nome tribal Cornovii e da palabra anglosaxoa wealas. Cornovii é moi probable que signifique pobo da península. Wealas é tamén a orixe do nome Gales. En córnico é nomeado como Kernow.

Cornualles foi a principal fonte de abastecemento de estaño para as civilizacións do Mediterráneo antigo, sendo coñecida como as Casitérides e unha vez os córnicos foron considerados os maiores mineiros do mundo. Cando as reservas de estaño se esgotaron, emigraron a lugares como América (Estados Unidos e Arxentina principalmente), Australia, Nova Celandia e Sudáfrica. Moitas palabras córnicas relacionadas coa minería pasaron ó inglés como costean, gunnies, e vug.

Dende o declive da minería, agricultura e pesca, a economía vén decantándose polo turismo, grazas a unhas das máis espectaculares costas do mundo. Así as cousas, a economía está deprimida e a rexión foi recoñecida pola Unión Europea como unha das do Obxectivo 1.

Bandeira

Hai discusións sobre quen é o patrón de Cornualles: San Miguel, San Petroc ou San Piran. San Piran é o máis popular: o seu emblema (unha cruz branca sobre campo negro) está recoñecido como a bandeira de Cornualles, se ben non oficialmente (os condados non teñen bandeira) e o seu día (5 de marzo) é celebrado polos córnicos de todo o mundo.

Véxase tamén

Ligazóns externas