Torre do Bolo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25: Liña 25:


[[Categoría:O Bolo]]
[[Categoría:O Bolo]]
[[Categoría:Castelos e fortalezas de Galicia]]


[[pt:Torre do Bolo]]
[[pt:Torre do Bolo]]

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2011 ás 13:43

Torre do Bolo
ConcelloO Bolo
ProvinciaOurense
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°18′28″N 7°05′42″O / 42.307777777778, -7.095Coordenadas: 42°18′28″N 7°05′42″O / 42.307777777778, -7.095
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século XII)
Estilo actualmestura (século XV)
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Torre do Bolo sitúase no concello ourensán do Bolo, preto da Serra do Eixo, en Galiza.

Historia

Localízase posibelmente nun lugar noutrora ocupado por un antigo poboado castrexo, mais non foi antes do século XII que apareceron as primeiras referencias documentades ao castelo, documentos onde se relata a súa fundación real.

No século XIV, o rei Pedro I de Castela concedeu á vila foro de realengo, en agradecemento á súa fidelidade na guerra civil que o opuña a Henrique de Trastámara.

No século XV, o rei Xoán II de Castela confirmou os privilexios da vila, na altura en que concedeu a fortificación aos condes de Benavente.

A fortificación tamén pertenceu aos condes de Lemos, inimigos acérrimos dos de Benavente, que chegaran a posuír o título de Condes do Bolo.

Características

O castelo medieval posuíu planta retangular con sete cubos e a torre da homenaxe. A torre foi reedificada por Xoán Pimentel no século XV, seguindo o estilo oxival.

A torre da homenaxe é de planta cadrada. Construída en granito ben labrado, alcanza unha altura de 18 metros e cerca de 10 metros de lado. Non conserva nin o ameado nin o beiril.

Distribúese en 3 andares e un soto cuberto con bóveda de canón apuntado, reforzado por 3 arcos. Tense acceso á torre mediante unha porta de acceso en altura, aberta no primeiro andar.

No interior, pódense apreciar a entrada do subterráneo, os alxibes e un cuarto.

Ábrese outra torre de arco apuntado que permite o acceso ao patio de armas. A partir da porta de entrada ao patio de honra, presenta un arco de medio punto. Xunto a esta porta consérvase unha torre cilíndrica e parte da cerca defensiva, cunha grosura de 2 metros e 25 centímetros, que conserva varios sinais de canteiros.

Alén destes elementos, consérvanse outros como o alxibe e murallas co adarve.