Clemente VII, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiño menor
m r2.7.1) (bot Engadido: tr:Papa VII Clement
Liña 73: Liña 73:
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาคลีเมนต์ที่ 7]]
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาคลีเมนต์ที่ 7]]
[[tl:Clemente VII (Papa)]]
[[tl:Clemente VII (Papa)]]
[[tr:Papa VII Clement]]
[[uk:Климент VII]]
[[uk:Климент VII]]
[[vec:Papa Clemente VII]]
[[vec:Papa Clemente VII]]

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2011 ás 00:22

Modelo:PapS-XVI

Giulio di Giuliano de' Medici, nado en Florencia o 26 de maio de 1478 e finado en Roma o 25 de setembro de 1534, foi o Papa nº 219 da Igrexa Católica entre 1523 e 1534 co nome de Clemente VII.

Traxectoria

Era fillo de Giuliano de Médici. Tralo asasinato do seu pai na catedral de Florencia, durante a Conxura dos Pazzi, Giulio contou coa protección dos Médici. O seu tío Lorenzo o Magnífico escribiu a Fernando I de Nápoles e ao Papa para que a Giulio, destinado á carreira eclesiástica, se lle otorgase o rico Priorato de Capua. Xa desde a súa infancia, Giulio contara coa amizade dos seus curmáns Piero, Giovanni (futuro Papa León X), e Giuliano, os tres fillos de Lorenzo.

Carreira eclesiástica

Clemente VII

Trala elección como Papa do seu curmán León X, foi nomeado cardeal o 23 de setembro de 1513. En 1514 foi nomeado arcebispo de Florencia.

Soubo facerse valer como conselleiro do papa, logrando ser un dos personaxes máis influíntes da curia. Co obxecto de evitar enredos na carreira eclesiástica de Giulio, León X mediou para que o futuro Clemente VII fose declarado fillo de lexítimo matrimonio.

Trala morte en 1521 de León X, era agardada a elección de Giulio por parte da tiara, ao ser un dos papables máis aprezados. Pero dos 39 cardeais reunidos en cónclave, polo menos 18 esperaban ser elixidos. Para cansar os adversarios, os partidarios de Giulio decidiron votar o candidato menos probable, o cardeal Adriano VI|Adriano Dedel, de Utrecht. Para sorpresa de todos, mesmo do propio elixido, tamén os adversarios decidiran votar o mesmo candidato, polo que, ante a consternación xeral, foi elixido papa co nome de Hadriano VI.

A influencia de Giulio, mantida durante o pontificado de Hadriano VI, foi a clave para ser elixido pontífice o 19 de novembro de 1523, adoptando o nome de Clemente VII no momento da consagración o 26 de novembro.

Papado

Clemente VII cando todavía era cardeal.

Fracasou tanto no eido político como no relixioso, polo seu temperamento indeciso, as súas arriscadas apuestas políticas e os intereses familiares.

Faleceu envelenado por un fungo durante a cea. As profecías de San Malaquías refírense a el como Flos pilae aegrae ("A flor das columnas enfermas"), facendo referencia ás columnas e a flor de lis que aparecen no seu escudo de armas.

Véxase tamén

Ligazóns externas