Victorino Pérez Prieto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 32: Liña 32:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://www.galegos.info/gl/victorino-perez-prieto Ficha do autor en Galegos.info]
*[http://www.galegos.info/gl/victorino-perez-prieto Ficha do autor en Galegos.info]
*[http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor233 Ficha do autor na AELG]
*[http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=VicP%E9rez1&alias=Victorino+P%E9rez+Prieto&solapa=biografia Ficha do autor na BVG]
*[http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=VicP%E9rez1&alias=Victorino+P%E9rez+Prieto&solapa=biografia Ficha do autor na BVG]
*[http://www.bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=Gaecr%22Df1&alias=Victorino+P%E9rez+Prieto& Texto completo de ''Galegos e cristiáns'' na BVG]
*[http://www.bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=Gaecr%22Df1&alias=Victorino+P%E9rez+Prieto& Texto completo de ''Galegos e cristiáns'' na BVG]

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2011 ás 11:31

Victorino Pérez Prieto, nado en Hospital de Órbigo en 1954, é un escritor e teólogo galego.

Traxectoria

Realizou estudos de Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Salamanca, onde se licenciou en teoloxía dogmática cunha tese sobre a dimensión relixiosa da xeración Nós e se doutorou cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de Raimon Panikkar. Ordenado sacerdote, exerceu o ministerio na diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Deu clases nas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Foi o primeiro director da revista Irimia e é membro do Consello de redacción da revista Encrucillada, na que ten publicado numerosos artigos teolóxicos. Ten publicado tamén numerosos artigos noutras revistas e diarios galegos (A Nosa Terra, Grial, Lumieira, Tempos, Guía de libros, Criterios...) e de fóra do país (Sal terrae, Iglesia viva, El Ciervo...) e varios libros individuais e en colaboración.

É membro da Asociación de Teólogos Juan XXIII e da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O seu traballo teolóxico e intelectual ten varios centros de interese: A relación entre galeguismo e cristianismo como compromiso cristián con Galiza; pero tamén interculturalidade e interrelixiosidade a nivel mundial, particularmente na relación entre occidente e oriente. Ecoloxismo e cristianismo; nos ultimo tempos con particular atención a unha mística ecolóxica. E unha concepción de Deus para hoxe, particularmente nunha perspectiva trinitaria que non se refire só ao Deus "ad intra", senón a Deus en relación cos humanos e co cosmos.

Obra

  • A xeración "Nós". Galeguismo e relixión, Vigo 1988.
  • Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae", Vigo 1995.
  • Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo, A Coruña 1997.
  • A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida, Santiago 1998.
  • Ecologismo y cristianismo, Santander 1999.
  • Con cordas de tenrura, Vigo 2000. (tradución española: Con cuerdas de ternura, Madrid 2002].
  • Contra a síndrome N.N.A. Unha aposta pola esperanza, Vigo 2005.
  • Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego, Noia 2007.
  • Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar, Valencia 2008.
  • Dios, hombre, mundo. La Trinidad en Raimon Panikkar, Barcelona 2008.

Colaboracións en obras colectivas

  • “Castelao e a verdade dos pobres”, en O Ensino da lingua: por un cambio de rumo, A Coruña 1995.
  • “Manuel María, poeta relixioso”, en Manuel María, Lugo 2001.
  • “A dimensión teolóxica do camiño”, en Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura Europea, A Coruña 2007.
  • “A Igreja do futuro”, en Ser Igreja, Lisboa 2007.
  • “Pensamento relixioso”, Diccionario Enciclopedia do Pensamento Galego, Vigo 2008.

Véxase tamén

Ligazóns externas