Hulagu Khan: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Modificado: hu:Hülegü ilhán
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Modificado: hu:Hülegü perzsa ilhán
Liña 35: Liña 35:
[[fr:Houlagou Khan]]
[[fr:Houlagou Khan]]
[[he:הולאגו]]
[[he:הולאגו]]
[[hu:Hülegü ilhán]]
[[hu:Hülegü perzsa ilhán]]
[[id:Hulagu Khan]]
[[id:Hulagu Khan]]
[[it:Hulagu Khan]]
[[it:Hulagu Khan]]

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2011 ás 18:59

Retrato de Hulagu Khan

(1217-1265). Neto de Genghis Khan. Irmán de Gran Khan Mongu e de Khublai Khan. Fundador do Ilkhanato de Persia. Destruíu o Imperio Abasida.

Era fillo de Tolui e de Sorghaghtani Beki, unha cristiá nestoriana, ao igual que a súa muller Dotuz Khatun e o seu xeneral máis próximo Kitbuqa. As influencias cristiás e persas contribuíron á súa animadversión contra os árabes. O seu irmán Mongu Khan encomendoulle o dominio de Oriente Medio.

Comezou co dominio sobre os lurs, un pobo do sur de Irán. Máis adiante acabou coa temible e mítica seita dos asasinos. O seu xeque Rukn al-Din Khurshash, entregoulle a ata entón inexpugnable fortaleza de Alamut sen resistencia, confiando en obter piedade. Foi en balde, porque foi executado con toda a súa familia e achegados.

Hulagu reuniu o exército mongol máis formidable da historia. Segundo as crónicas Mongu ordenou que un de cada dez guerreiros mongois de toda Asia se enrolaran no exército do seu irmán. En 1257, dirixiuse á capital do Califato Abasida: Bagdad, a cidade dun millón de habitantes. Esixiu a rendición ao califa que rexeitou a demanda. Hulahu dividiu as súas forzas ameazando os dous flancos da cidade. Cando o exército musulmán saíu ao seu encontro, ordenou rachar os diques asolagando as terras ás costas dos inimigos, que se viron atrapados e foron aniquilados. Entón o xeneral chinés Guo Kan organizou o sitio da cidade con avanzada maquinaria de asalto. Aos dez días a Al Musta´sim tratou de negociar inutilmente para acabar rendéndose. A cidade foi arrasada baixo unha onda de destrución e morte; a súa valiosísima biblioteca desapareceu (díxose que o río baixaba negro da tinta dos libros arrastrados pola corrente). Uns 100.000 homes foron asasinados (hai quen eleva a cifra a 200.000). O califa sería tamén morto con todos os seus fillos agás un.

O califato desapareceu para sempre; e a cidade, completamente devastada, tardou máis de cen anos en recuperarse minimamente. Foi a acción destrutiva máis apocalíptica protagonizada polos mongois.

Seguidamente, tomou Damasco e Alepo. Estableceu a súa capital en Moragha. Toda Siria caeu aos seus pes, pero o avance cara Terra santa foi detido pola morte de Mongu, que obrigou a unha retirada e o retorno a Mongolia para a elección do novo Gran Khan. Este sería Kublai Khan, aínda que, en realidade, a unidade mongol desaparecería para sempre. En medio desta crise, o avance cara Exipto foi rexeitado polos mamelucos na primeira derrota significativa sufrida por un exército mongol na batalla de Ain Jalut.

A división entre os mongois púxose de manifesto cando o irmán de Batu Khan, Berke, convertido ao islám, xurou vengarse da destrución de Bagdad. Hulagu foi severamente derrotado por el en 1263.

O novo estado por el fundado, o Ilkhanato, durou ata a súa disgregación en 1335. Sucedeuno o seu fillo Abaqa.