Denar macedonio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m * icono > icona
Liña 183: Liña 183:
[[ta:மாசிடோனிய தெனார்]]
[[ta:மாசிடோனிய தெனார்]]
[[tg:Денари Мақдуния]]
[[tg:Денари Мақдуния]]
[[uk:Македонський денар]]
[[yo:Macedonian denar]]
[[yo:Macedonian denar]]
[[zh:馬其頓代納爾]]
[[zh:馬其頓代納爾]]

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2011 ás 17:53

Denar macedonio
Македонски денар en macedonio
Ficheiro:Macedonia 10 Awers.JPG
Código:MKD
Ámbito:Modelo:MAK
Símbolo:Ден.
Fracción:100 deni
Moedas:50 deni 1, 2, 5, 10, 50 MKD
Billetes:10, 50, 100, 500, 1.000, 5.000 MKD
Emisor:Banco Nacional da República de Macedonia
Taxa de troco:
24-11-09
1 EUR = 62,01842 MKD
1 USD = 41,51818 MKD
Troco actual

O dinar (en macedonio: денар, transcrito denar) é a divisa oficial da República de Macedonia. Subdivídese en 100 дени (deni). O código ISO 4217 es MKD e a súa abreviatura común Ден (Den).

Historia

O goberno macedonio decidiu recuperar para a nova unidade monetaria do país o nome dunha moeda histórica macedonia. O dinar (nome derivado do denario romano) era o nome que recibiron un bo número de moedas dende a Idade Media, como os antigos dinares macedonio, húngaro ou croata.

A moeda introduciuse o 26 de abril de 1992 e naquela época era equivalente ao dinar convertible iugoslavo (YUN). O 5 de maio de 1993 reformouse a moeda, e un novo dinar (MKD) equivalía a 100 dos antigos (MKN). É emitida polo Banco Nacional da República de Macedonia (en macedonio: Народна банка на Република Македонија/Narodna Banka na Republika Makedonija).

Moedas

As moedas que se atopan en circulación corresponden aos valores seguintes:

Imaxe Facial Circula dende Metal Forma Canto Diámetro Peso Anverso Reverso
Ficheiro:50 Deni Macedonia 1993.jpg 50 deni
1993
CuZn Circular
Liso
21,50 mm
4,10 gr
Ave
Valor facial
Ficheiro:1 Dinar Macedonia 1993.jpg 1 denar
1993
CuNiZn Circular
Liso
23,80 mm
5,10 gr
Can
Valor facial
Ficheiro:2 Dinar Macedonia 1993.jpg 2 denares
1993
CuNiZn Circular
Liso
25,50 mm
6,20 gr
Peixe
Valor facial
Ficheiro:5 denari.jpg 5 denares
1992
CuNiZn Circular
Liso
27,50 mm
7,20 gr
Lince
Valor facial
Ficheiro:10 denari 2008.png 10 denares
2008
CuNiZn Circular
Liso
24,50 mm
6,60 gr
Pavo real
Valor facial
Ficheiro:50 macedonian denars-coins.jpg 50 denares
2008
CuNiZn Circular
Liso
26,5 mm
7,7 mm
Arcanxo
Imaxe e facial

Billetes

Os billetes en circulación oficial (serie de 1996) descríbense a continuación:

  • 10 MKD
    • Tonalidade: violeta e amarelo
    • Anverso: torso da deusa exipcia Isida do século III a.C.
    • Reverso: un mosaico da Basílica de Stobi (século V) simbolizando un ave do paraíso
  • 50 MKD
    • Tonalidade: ocre e azul
    • Anverso: moeda de cobre do período do Emperador Anastasio I e arco da Igrexa de San Panteleimon en Gomo Nerezi, Skopje
    • Reverso: o arcanxo Gabriel nun fresco da Igrexa de San Xurxo en Kurbinovo (lago Prespa)
  • 100 MKD
    • Tonalidade: violeta e marrón
    • Anverso: detalle do rosetón dun teito nunha vivenda típica de Debar
    • Reverso: o gravado "Skopje" do neerlandés Jacobus Harevin visto dende unha xanela típica albanesa
  • 500 MKD
    • Tonalidade: laranxa, vermello e verde oliveira
    • Anverso: máscara de ouro do século VI a.C. achada en Trebenista, Ohrid
    • Reverso: flor de papoula
  • 1000 MKD
    • Tonalidade: marrón e púrpura
    • Anverso: icona da Virxe Episkepsis co neno Xesús (século XIV) na Igrexa de Santa Sofía en Ohrid
    • Reverso: detalle da Igrexa de Santa Sofía en Ohrid

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas