Filosofía social: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: sr:Социјална филозофија |
m r2.7.1) (bot Engadido: bg:Социална философия |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
[[ar:فلسفة اجتماعية]] |
[[ar:فلسفة اجتماعية]] |
||
[[bg:Социална философия]] |
|||
[[cs:Sociální filosofie]] |
[[cs:Sociální filosofie]] |
||
[[de:Sozialphilosophie]] |
[[de:Sozialphilosophie]] |
Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2011 ás 14:48
A filosofía social é a rama da filosofía encargada do estudio do comportamento social (en especial nos humanos).
Comparte coa socioloxía o seu obxecto material, a sociedade, pero, mentres que a socioloxía estuda como son as relacións en e entre as diversas comunidades, a filosofía social apunta a saber como deben ser esas relacións para que realmente sexan formalizadas como unha perfección para o ser humano. Así mesmo imparte coa ciencia política a racionalidade xurídica na sociedade para que todo isto sexa eficaz na práctica.
A esencia mesma da filosofía social constitúea o concepto de relación, en canto a sociedade non é senón un conxunto de relacións libremente constituídas entre os homes dende a súa remota antigüidade. Polo tanto, a filosofía social céntrase no estudo do home en canto ser libre e relacionable, pois a súa esencial sociabilidade non pode senón proceder da creatividade consubstancial a súa natureza. Só dende a súa liberdade enténdese a sociedade como unha determinación da súa propia vontade, e deste xeito responsabilidade colectiva do grupo que a constitúe.