Eugène Viollet-le-Duc: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: sr:Ежен Виол ле Дик
m r2.7.1) (bot Modificado: sr:Ежен Виоле ле Дик
Liña 78: Liña 78:
[[pt:Eugène Viollet-le-Duc]]
[[pt:Eugène Viollet-le-Duc]]
[[ru:Виолле-ле-Дюк, Эжен Эммануэль]]
[[ru:Виолле-ле-Дюк, Эжен Эммануэль]]
[[sr:Ежен Виол ле Дик]]
[[sr:Ежен Виоле ле Дик]]
[[sv:Eugène Viollet-le-Duc]]
[[sv:Eugène Viollet-le-Duc]]
[[th:เออแชน วียอเลต์-เลอ-ดุค]]
[[th:เออแชน วียอเลต์-เลอ-ดุค]]

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2011 ás 09:04

Retrato de Viollet-le-Duc en Dictionnaire Raisonné de L'Architecture Française. Du XIe au XVIe siécle, A. Morel editor, París, 1868.

Eugène-Emmanuel Viollet-le-Duc nado en París o 27 de xaneiro de 1814 e falecido en Lausana o 17 de setembro de 1879, foi un arquitecto, arqueólogo e escritor francés. Defendeu o uso dunha metodoloxía racional no estudo dos estilos do pasado, contraposta ó historicismo romántico. As súas teorías exerceron unha gran influencia en artistas posteriores, como Guimard, Gaudí, Horta ou Vilaseca.

Traxectoria

Nacido no seo dunha familia da alta burguesía, dende moi novo interesouse pola Arquitectura da Idade Media e aínda que foi discípulo de Aquiles Leclère, rechazou ingresar na escola de Belas Artes para convertirse en autodidacta recorrendo Francia e Italia.

Teoría da restauración

Na súa teoría defende que o restaurador debe poñerse no lugar do arquitecto-creador primitivo, entendendo o espíritu da obra e aplicalo á reconstrución da mesma. Trata de volver ó edificio a súa forma orixinal (forma prístina), ou como el entende que debeu ser, posto que afirma que a partir das partes que aínda existen é posible reconstruir o total, por pura coherencia do estilo.

A súas intervencións sobre diversos monumentos franceses caracterizáronse sempre pola primacía do estilo gótico, considerado por Viollet superior dende o punto de vista técnico e estético.

A chamada unidade de estilo buscaba resaltar os aspectos medievais do edificio tratado, isto obligaba a eliminar ou alterar os elementos "inferiores" ou secundarios engadidos con posterioridade nos momentos renacentista, barroco ou neoclásico. En certas ocasións as intervenciós de Viollet provocaron a desaparición de interesantes engadidos de gran calidade e valor histórico artístico, causando a ruptura do proceso vital da obra artística.

Viollet-le-Duc é unha figura oposta, no tocante as ideas, a John Ruskin que defende a conservación frente á restauración.

Obras destacadas

Restauracións

  • Santa María Magdalena de Vezelay.
  • Catedral de Amiens.
  • Abadía de Saint Denis de París.
  • Catedral de Lausana.
  • Catedral de San Sernin de Toulouse .
  • Catedral de Notre-Dame de París.
  • Sainte Chapelle.
  • San Luis de Poissy.
  • Semur.
  • San Miguel de Carcassonne.
  • Casa do concello de San Antonio.
  • Casa do concello de Narbona.
  • Castelo de Pierrefonds.
  • Fortificacións de Carcasona.
  • Castillo de Coucy.
  • Castillo de Roquetaillade.

Escritos

  • Dictionnaire de l'architecture française du XIe au XVIe siècle (1854-68).
  • Dictionnaire raisonné du mobilier français de l'époque Carolingienne à la Renaissance (1858-75).
  • L'Architecture militaire au moyen Âge (1854).
  • Entretiens sur l'architecture (1863-72).
  • Cités et mines américaines (1863).
  • Mémoire sur la défense de Paris (1871).
  • Habitations modernes (1874- 77).
  • Histoire d'une maison (1873).
  • Histoire d'une forteresse (1874).
  • Histoire de l'habitation humaine (1875).
  • Le Massif du Mont Blanc (1876).
  • L'Art russe (1877).
  • Histoire d'un hotel-de-ville et d'une cathédrale (1878.)
  • La Décoration appliquée aux édifices (1879).

Véxase tamén

Ligazóns externas