Intel Corporation: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m r2.5.4) (bot Engadido: pnt:Intel
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 80: Liña 80:
[[ru:Intel]]
[[ru:Intel]]
[[sh:Intel]]
[[sh:Intel]]
[[si:ඉන්ටෙල් සමාගම]]
[[simple:Intel]]
[[simple:Intel]]
[[sk:Intel]]
[[sk:Intel]]

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2011 ás 01:46

Modelo:Infobox Compañía Intel Corporation é unha empresa multinacional fundada por Gordon E. Moore e Robert Noyce en 1968, que fabrica microprocesadores, circuitos integrados especializados tales coma circuitos integrados auxiliares para placas base de ordenador e outros dispositivos electrónicos.

Historia

Intel foi fundada por Gordon E. Moore e Robert Noyce en 1968, quen inicialmente quixeron chamar á empresa Moore Noyce, pero soaba mal, polo que elixiron como nomee as siglas de Integrated Electronics, en español Electrónica Integrada. Este nome estaba rexistrado por unha cadea hoteleira, polo que tiveron que mercar os dereitos para poder empregalo.

A compañía­ comezou fabricando memorias antes de dar o salto aos microprocesadores. O primeiro microprocesador de Intel, o Intel 4004, foi creado en 1971 para facilitar o deseño dunha calculadora. En lugar de ter que deseñar varios circuítos integrados para cada parte da calculadora, deseñaron un que segundo un programa almacenado en memoria podía facer unhas accións ou outras, é dicir, un microprocesador. Hoxe en día discútese se o primeiro microprocesador da historia da informática foi creado por Intel ou por Texas Instruments.

Durante os anos 90, Intel foi responsable de moitas das innovacións do hardware dos ordenadores persoais, incluíndo os buses PCI, AGP e USB, ademais do novo PCI-Express. Con todo, non hai que esquecer moitos outros lanzamentos, intentos de estandarización errados, que a empresa ten ás súas costas (véxase RDRAM, ou o Slot 1 dos seus Pentium III).

Intel domina o mercado dos microprocesadores. Actualmente, o principal competidor de Intel no mercado é Advanced Micro Devices (AMD), empresa coa que Intel tivo acordos de compartición de tecnoloxía: cada socio podía utilizar as innovacións tecnolóxicas patentadas da outra parte sen ningún costo.

Dentro dos microprocesadores de Intel podemos destacar as tecnoloxías multinúcleo implementadas nos procesadores Pentium D e Core 2 Duo, a tecnoloxía móbil Centrino desenvolvida para o mercado de ordenadores portátiles e a tecnoloxía HyperThreading integrada nos procesadores Intel Pentium 4.

O 6 de xuño de 2005 Intel chegou a un acordo con Apple Computer, polo que Intel proverá procesadores para os ordenadores Apple, realizándose entre 2006 e 2007 a transición desde os tradicionais IBM. Finalmente en xaneiro de 2006 presentáronse ao mercado as primeiras computadoras de Apple, unha portátil e outra de escritorio, con procesadores Intel Core Duo de dobre núcleo.

Ligazóns Externas