Enxeñaría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 155: Liña 155:
[[sco:Ingineerin]]
[[sco:Ingineerin]]
[[sh:Inženjerstvo]]
[[sh:Inženjerstvo]]
[[si:ඉංජිනේරු විද්‍යාව]]
[[simple:Engineering]]
[[simple:Engineering]]
[[sl:Tehnika]]
[[sl:Tehnika]]

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2011 ás 01:31

A enxeñaría aplica o coñecemento científico e técnico para solucionar problemas prácticos. Os enxeñeiros usan a imaxinación, o xuízo, a razón e a experiencia para aplicar a ciencia e a tecnoloxía á resolución de problemas para a satisfacción das necesidades sociais. O resultado constitúeno o deseño, a produción, e o uso de obxectos útiles ou procesos.

Metodoloxía

A tarefa crucial e característica do enxeñeiro é identificar, entender, e integrar as restricións ou condicionamentos nun deseño a fin de producir un resultado acertado. Non é en xeral abondo para construír un produto tecnicamente acertado; isto tamén debe atopar esixencias adicionais. As restricións poden incluír dispoñibilidade de recursos, limitacións físicas ou técnicas, flexibilidade para futuras modificacións e adicións, e outros factores, como esixencias sobre o custo, manufacturabilidade, e utilidade. Entendendo as restricións, os enxeñeiros obteñen especificacións para os límites dentro dos cales un obxecto ou sistema viábeis poden ser producidos e postos a funcionar.

Resolución de Problemas

Os enxeñeiros usan o seu coñecemento da ciencia, matemática, e a experiencia adquirida para atopar solucións convenientes para un problema. Criando o apropiado modelo matemático dun problema permítelles analizalo, e probar solucións potenciais. Solucións razoábeis normalmente existen varias, polo tanto os enxeñeiros deben avaliar as diferentes escollas baseándose nos seus méritos, e deste xeito escoller a solución que mellor satisfai as condicións. Genrich Altshuller, despois de apañar e analizar estatísticas dun gran número de patentes, suxeriu que os compromisos están no cerne dos deseños "de nivel de invención baixo" , en canto a un máis alto nivel o mellor deseño é aquel que elimina o cerne da contradición que causar o problema.

Os enxeñeiros tipicamente tentan predicir como de ben os seus deseños executarán as súas especificacións antes da produción en tamaño natural. Eles usan, entre outras cousas: prototipos modelos a escala, simulacións, probas destrutivas, probas non destrutivas, e probas de stress. A proba asegura que os produtos se comportarán como é esperado, e non causarán dano non intencional ao público. Os enxeñeiros tipicamente inclúen unha marxe de seguranza nos seus deseños para reducir o risco de fracaso inesperado, froito dunha influencia non considerada. Con todo, canto maior for a marxe de seguranza, menos eficiente poderá ser o deseño.

Tipos de enxeñarías

  • Enxeñaría Civil
  • Enxeñaría Xeomática
  • Enxeñaría Xeofísica
  • Enxeñaría Xeológica
  • Enxeñaría de Minas e Metalurxia
  • Enxeñaría Petrolera
  • Enxeñaría Química
  • Enxeñaría Eléctrica e Electrónica
  • Enxeñaría en Informática ou Computación
  • Enxeñaría en Telecomunicacións
  • Enxeñaría Mecánica
  • Enxeñaría Aeronáutica
  • Enxeñaría industrial
  • Enxeñaría Mecatrónica
  • Outras (conceptos de enxeñaría creados ano a ano)

Centros de estudo

Actualmente existen varios focos de ensino en Galicia en canto ó campo da enxeñaría se refire. Son fundamentalmente as cidades de Ferrol e Vigo, aínda que co paso do tempo tamén se foron implantando estudos de enxeñaría ou enxeñaría técnica en A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Con todo, os centros das dúas primeiras cidades son moito máis técnicos e orientados cara a industria pesada e urbana, mentres que nas escolas das capitais impártense titulacións máis vencelladas co medio rural. Os estudos divídense en dous ciclos antes da aplicación do proceso de Bologna para crear un Espazo Europeo de Educación Superior: un primeiro ciclo de tres cursos (chamado Enxeñaría técnica, non Diplomatura) e un segundo ciclo de dous cursos (que conduce ó título de Enxeñaría, non ó de Licenciatura). Os centros onde se imparten chámanse escolas, non facultades. O normal é que as Escolas teñan os dous ciclos por separado pero tamén poden existir escolas de ciclo único de cinco cursos (na cal non se obtén a titulación ata pasalos todos).

As siglas [1] das escolas e as titulacións que hai en cada unha das cidades son as seguintes:

A Coruña

  • antes EUETI(S), despois ETSEI: Enxeñaría en informática e Enxeñaría técnica en informática (de sistemas e de xestión);
  • ETSECCP: Enxeñaría de camiños, canles e portos

Ferrol

  • EUP: Enxeñaría técnica naval e Enxeñaría técnica industrial
  • EPS: Enxeñaría naval e Enxeñaría industrial

Lugo

  • EPS: Enxeñaría de montes e Enxeñaría técnica forestal, Enxeñaría agrónoma e Enxeñaría técnica agrícola (4 especialidades), Enxeñaría técnica en obras públicas e Enxeñaría técnica en topografía

Ourense

  • antes EUETI(X), despois ETSEI e agora EPS: Enxeñaría en informática e Enxeñaría técnica en informática (de xestión),
  • EUETIA: Enxeñaría técnica en industrias agroalimentarias

Pontevedra

  • EUETF: Enxeñaría técnica en industrias forestais (especialidade industrias forestais)

Santiago de Compostela

  • na Facultade de Ciencias, posteriormente na ETSEQ, está prevista Enxeñaría Química; na web[2] da Universidade de Santiago tamén aparece Enxeñaría técnica en informática de sistemas

Vigo

  • ETSEM: Enxeñaría de minas
  • ETSEI (As Lagoas, Marcosende): Enxeñaría industrial
  • EUETI (Vigo): Enxeñaría técnica industrial
  • ETSET: Enxeñaría de telecomunicacións e Enxeñaría técnica de telecomunicacións

Notas

  1. Significado das siglas: teoricamente, os nomes dos centros constan de dúas partes
    • o nome do centro que especifica o nivel de carreiras que se imparten nel
    EUP: Escola politécnica (varias enxeñarías técnicas)
    EPS: Escola politécnica superior (varios segundos ciclos)
    EU: Escola universitaria (unha enxeñaría técnica)
    ETS: Escola técnica superior (unha enxeñaría de segundo ciclo, con ou sen o seu primeiro ciclo)
    • o especificador do tipo de carreiras que se imparte nel, que corresponde á de maior nivel no caso dunha técnica e a superior (ou segundo ciclo) que a continúa.
  2. http://www.usc.es/gl/titulacions/

Véxase tamén

Outros artigos