Firmino de Amiens: Diferenzas entre revisións
tradución da wikipedia en castelán |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Sanfermin.png|200px|thumb|San Fermín]] |
[[Ficheiro:Sanfermin.png|200px|thumb|San Fermín]] |
||
'''San Fermín de Amiens''', nado en [[Pamplona]] en [[272]] e finado en [[Amiens]] ([[Francia]]) o [[25 de setembro]] de [[303]], foi un misioneiro [[cristián]], primeiro [[bispo]] de Amiens, cuxa igrexa construíu. Foi decapitado aos 31 anos de idade. É patrón de [[Amiens]], [[ |
'''San Fermín de Amiens''', nado en [[Pamplona]] en [[272]] e finado en [[Amiens]] ([[Francia]]) o [[25 de setembro]] de [[303]], foi un misioneiro [[cristián]], primeiro [[bispo]] de Amiens, cuxa igrexa construíu. Foi decapitado aos 31 anos de idade. É patrón de [[Amiens]], [[Lesaka]], e co-patrón de [[Navarra]] xunto con [[San Francisco Xabier]]. |
||
== Lenda == |
== Lenda == |
Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2011 ás 15:10
San Fermín de Amiens, nado en Pamplona en 272 e finado en Amiens (Francia) o 25 de setembro de 303, foi un misioneiro cristián, primeiro bispo de Amiens, cuxa igrexa construíu. Foi decapitado aos 31 anos de idade. É patrón de Amiens, Lesaka, e co-patrón de Navarra xunto con San Francisco Xabier.
Lenda
Segundo a lenda, naceu en Pompaelo (a actual Pamplona), fillo dun senador pagán de nome Firmo, un alto funcionario da administración romana que gobernou Pamplona no século III. A predicación de san Honesto, quen marchara á península tras ser milagrosamente liberado da súa prisión en Carcassonne, conmoveu aos seus pais, quen con todo non se converteron ata oír a san Saturnino de Tolosa. O santo bautizaría a Fermín e aos seus pais no lugar que hoxe se chama popularmente pocico de San Cernin.
Baixo a tutela de Honesto o mozo Fermín aprendeu a relixión e a arte da predicación. Aos 18 anos foi enviado a Tolosa, onde sería ordenado. Tras predicar en Navarra, marchou a Francia, onde se asentou en Amiens. Habendo organizado a construción da igrexa local, foi nomeado bispo aos 24 anos. A oposición oficial á doutrina cristiá fixo que fose encarcerado e decapitado.
En 1186 o bispo Pedro de París levou de Amiens a Pamplona unha reliquia da cabeza de Fermín.
Actualmente o seu santoral celébrase o 7 de xullo. En Pamplona conmemórase cunhas festas de fama internacional, os Sanfermines, nas que destacan as corridas de touros.
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Firmino de Amiens |