HC MVD: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 54: Liña 54:


[[Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Rusia|MVD]]
[[Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Rusia|MVD]]
[[Categoría:Antigos equipos da KHL|MVD]]


[[cs:HC MVD Balašicha]]
[[cs:HC MVD Balašicha]]

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2011 ás 16:56

O HC MVD (en ruso ХК МВД) foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Balashikha, no oblast de Moscova (Rusia). Pertenceu á Tarasov Division (acadando o título de campión da división no 2010) da KHL entre o 2008 e o 2010, ano no que se fusionou co HK Dinamo Moscova para dar lugar ao OHK Dinamo.

Historia

O MVD Moscow Oblast foi fundado en 1949 como Spartak Kalinin, adoptando o seu nome actual MVD no 2004 como parte do Ministerio de Exteriores de Rusia e trasladouse a Podolsk grazas á licencia do HK Tver, que se atopaba en dificultades financeiras pasando a ser un filial do MVD. No 2007 trasladouse nóvamente, desta vez á localidade de Balashikha, ao Balachikha Arena. No 2008 pasou a formar parte dos equipos da nova competición euroasiática, a Kontinental Hockey League (KHL), asinadno un convenio co Kristall Elektrostal da Vyschaïa Liga para que pasara a ser a súa escola. Na tempada seguinte, o equipo adestrado por Oļegs Znaroks gañou o título de campión da Tarasov Division chegou ata a final da Gagarin Cup contra o defensor do título, o Ak Bars Kazan, que conseguiron revalidar o título gañando a serie por catro vitorias a tres. Logo deste gran éxito o equipo fusionouse co HK Dinamo Moscova, en dificultades económicas, para formar o OHK Dinamo.

Denominacións

  • Spartak Kalinin (1949–1952)
  • HK Kalinin (1952–1961)
  • SKA MVO Kalinin (1961–1999)
  • THK Twer (1999–2004)
  • HC MVD Twer (2004–2007)
  • HC MVD Balašicha (2007-2010)

Palmarés

Participacións na KHL

Tempada PX V VP VPn D DP DPn GF GC Pts Clasificación Play-offs
2008-09 56 20 2 4 0 1 29 142 159 73 18º/24 Non se clasificou
2009-10 56 30 1 0 6 4 15 160 135 102 4º/24 HC CSKA Moscova 3-0 (oitavos)
Dinamo Riga 4-1 (cuartos)
Lokomotiv Yaroslavl 4-3 (semifinais)
Ak Bars Kazan 4-3 (final)

PX: Partidos xogados
V: Vitorias
VP: Vitorias na prórroga
VPn: Vitorias nos penaltis
D: Derrotas

 

DP: Derrotas na prórroga
DPn: Derrotas nos penaltis
Pts: Puntos
GF: Goles a favor
BC: Goles en contra

 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas