Castelo do Castro de Ouro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Moderador (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición de Barrimei, cambiado á última versión feita por Lmbuga
Liña 9: Liña 9:
Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos [[Reis Católicos]] –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se tivese sido derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.
Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos [[Reis Católicos]] –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se tivese sido derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.


No verán do ano 2006 celebáronse no castelo de Castrodouro unhas xornadas sobre [[Pardo de Cela]]. Castrodouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a [[Frouseira]] son lugares mitificados -(tal e como di o profesor da Universidade de Santiago [[Carlos Barros]]- ''pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha Galicia tardomedieval independentista'') (http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/mitos_gal.htm).
No verán do ano 2006 celebáronse no castelo de Castrodouro unhas xornadas sobre [[Pardo de Cela]]. Castrodouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a [[Frouseira]] son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago [[Carlos Barros]]- ''pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista'' (http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/mitos_gal.htm).


[[Category:Alfoz]]
[[Category:Alfoz]]

Revisión como estaba o 18 de agosto de 2006 ás 13:29

O Castelo de Castrodouro atópase na parroquia do Castro, no Concello de Alfoz exactamente en "O Castro de Ouro, Alfoz".

Edificado sobre un antiguo e importante castro romano, pertenceu ao longo da Idade Media á Mitra mindoniense, despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intevención dos Reis.

Cando a finais do século XV degolan a Pardo de Cela, era Mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do 1483 Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense, a cal, rexida polo bispo Diego de Soto, entre os anos 1546 e 1549, fai reformas. O Padre Flórez expresa que

La fortaleza de castro de Oro estaba muy obscura, sin ventanas, por lo que era húmeda y enferma. Rompió las Murallas por tres partes, y abrio buenas ventanas, que dan vista y alegría a la casa: y ya tenía comprado el hierro para asegurarlas con unas rejas fuertes

Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos Reis Católicos –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se tivese sido derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.

No verán do ano 2006 celebáronse no castelo de Castrodouro unhas xornadas sobre Pardo de Cela. Castrodouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a Frouseira son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago Carlos Barros- pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista (http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/mitos_gal.htm).