Sistema nervioso parasimpático: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ko:부교감신경계통
Liña 78: Liña 78:
[[it:Sistema nervoso parasimpatico]]
[[it:Sistema nervoso parasimpatico]]
[[ja:副交感神経系]]
[[ja:副交感神経系]]
[[ko:부교감 신경계]]
[[ko:부교감신경계통]]
[[lt:Parasimpatinė nervų sistema]]
[[lt:Parasimpatinė nervų sistema]]
[[nl:Parasympatisch zenuwstelsel]]
[[nl:Parasympatisch zenuwstelsel]]

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2011 ás 17:46

O Sistema Nervioso Parasimpático é unha parte do sistema nervioso autónomo ou vexetativo, cuxos nervios nacen tanto do encéfalo como da medula espiñal á altura do sacro.

O neurotransmisor deste sistema, tanto das neuronas pre como postganglionares, é a acetilcolina (neurotransmisor endóxeno).

Os centros nerviosos de orixe das febras preganglionares do parasimpático están localizados tanto no encéfalo como no plexo sacro na medula espiñal. Estas febras nerviosas ramifícanse polo territorio dalgúns nervios craniais, como o nervio facial ou nervio vago, ou polos nervios pélvicos no plexo sacro.

Tipos de neuronas do sistema nervioso parasimpático

O sistema nervioso parasimpático ten dous tipos de neuronas:

Neuronas centrais ou anteganglionares

Están preto dun núcleo cerebro-espiñal, mentres que o seu eixo segue a un nervio raquídeo ou cranial e chega aos ganglios periféricos, onde poden establecer sinapses ou ben o fan no interior do órgano efector parasimpático. As febras preganglionares son longas, mentres que as anteganglionares son curtas (contrariamente ao simpático). As febras do parasimpático non forman feixes e non poden ser seguidas, excepto o vago e nervios pélvicos.

Neuronas periféricas ou preganglionares

Son neuronas cuxo corpo se localiza no ganglio nervioso que se sitúa no mesmo órgano diana, e o axón que orixina é moi curto porque actúa neste órgano.

Topografía do sistema nervioso parasimpático

Topograficamente divídense en catro porcións:

Porción hipotalámica

Os centros onde se orixinan as febras preganglionares son os núcleos supraóptico, paraventricular e os núcleos do túbulo hipotalámico anterior. Deles saen febras que en sentido descendente van terminar nas células secretoras da neurohipófise e forman os fascículos supraóptico-hipofisarios, paraventrículo-hipofisarios e tubero-hipofisarios. A interrupción destas febras determina a diabete insípida.

Porción mesencefálica

As febras pregangliónicas nacen dos núcleos de Edinger-Westphal e mediano anterior, moi próximos ao núcleo do motor ocular común e marchan por dentro do nervio motor ocular común ata o ganglio ciliar onde fan sinapse. As febras nadas deste ganglio, febras postgangliónicas, forman os nervios ciliares curtos que chegan ao músculo ciliar e ao iris. A función destas febras é a de producir miose ao contraer o esfínter do iris e a de acomodación do ollo á visión próxima ao contraer o músculo ciliar.

Porción rombencefálica

Posúe distintas febras nerviosas que percorren distintos nervios craniais como:

  1. Febras que percorren o facial
  2. Febras que percorren o glosofaríngeo
  3. Febras que percorren o vago

Porción sacra

Os núcleos nerviosos están dentro dunha substancia gris da porción sacra que se estende desde o segundo segmento sacro até o final da medula espiñal. As febras nerviosas saen ao exterior a través de dous pares de nervios raquídeos, o terceiro e cuarto nervios sacros que se unen no plexo pélvico ou hipogloso. Do plexo pélvico orixínanse febras parasimpáticas que van a inervar a musculatura lisa do colon descendente, colon sigmoide e recto, órganos xenitais internos e externos, vexiga urinaria e uretra. A función do parasimpático sacro é a de producir relaxación dos esfínteres e contracción das paredes musculares, provocando a micción, a defecación e a erección dos órganos xenitais.

Función do sistema nervioso parasimpático

A función principal do sistema nervioso parasimpático é a de provocar ou manter un estado corporal de descanso ou relaxación tras un esforzo ou para realizar funcións importantes como é a dixestión ou o acto sexual. Actúa sobre o nivel de tensión do organismo diminuíndoo. Realiza funcións opostamente complementarias con respecto ao sistema nervioso simpático.

Por tanto, o sistema nervioso parasimpático participa na regulación do aparello cardiovascular, do aparello dixestivo e do aparello xenitourinario. Hai tecidos, como o fígado, ril, páncreas e tiroide, que reciben inervación parasimpática, o que suxire que o sistema parasimpático participa na regulación metabólica, aínda que as influencias colinérxicas sobre o metabolismo non están ben coñecidas.

  • Aparello cardiovascular: os efectos do sistema parasimpático sobre o corazón están mediados polo nervio vago. A acetilcolina diminúe a frecuencia cardíaca e a forza de contracción do miocardio por múltiples mecanismos como:
  1. Diminución da velocidade de despolarización do nodo sinusal.
  2. Atraso da condución dos impulsos ao seu paso pola musculatura auricular.
  3. Alongamento do período refractario.
  4. Diminución da velocidade de condución a través do nódulo auriculoventricular.
  5. Inhibición das terminacións nerviosas do sistema nervioso simpático sobre as febras miocárdicas.
  1. Aumento o ton da musculatura lisa gastrointestinal.
  2. Estimulación da actividade peristáltica.
  3. Relaxación dos esfínteré gastrointestinales.
  4. Estimulación da secreción exocrina do epitelio glandular.
  5. Aumento da secreción de gastrina, secretina e insulina.
  • Aparello xenitourinario: o parasimpático sacro inerva a vexiga urinaria e os xenitais. A acetilcolina aumenta o peristaltismo ureteral, contrae o músculo detrusor e relaxa o trígono e o esfínter vesical, polo que o seu papel é esencial para coordinar a micción.
  • Aparello respiratorio: está inervado por febras parasimpáticas procedentes do vago. A acetilcolina aumenta as secrecións traqueobronquiais e estimula a broncoconstrición.

Farmacoloxía do sistema nervioso parasimpático