Misticismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
iw
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''misticismo''' é un estado de unión inefable co sagrado que adoita traducirse nunha experiencia de [[éxtase]]. Adquire diversas significacións consonte a [[filosofía]] ou a [[relixión]] de quen o experimenta. Denomínase así tamén a doutrina ou conxunto de doutrinas que estudan e promoven a experiencia mística.
O '''misticismo''' é un estado de unión inefable co sagrado que adoita traducirse nunha experiencia de [[éxtase]]. Adquire diversas significacións consonte a [[filosofía]] ou a [[relixión]] de quen o experimenta. Denomínase así tamén a [[doutrina]] ou conxunto de doutrinas que estudan e promoven a experiencia mística.


== Tipos e características ==
No [[budismo]] a experiencia mística pódese identificar co [[nirvana]] no que o ego se disolve na nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no [[hinduísmo]] onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o [[atman]] co [[Brahma]].
No [[budismo]] a experiencia mística pódese identificar co [[nirvana]] no que o ego se disolve na nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no [[hinduísmo]] onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o [[atman]] co [[Brahma]].



Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2011 ás 20:56

O misticismo é un estado de unión inefable co sagrado que adoita traducirse nunha experiencia de éxtase. Adquire diversas significacións consonte a filosofía ou a relixión de quen o experimenta. Denomínase así tamén a doutrina ou conxunto de doutrinas que estudan e promoven a experiencia mística.

Tipos e características

No budismo a experiencia mística pódese identificar co nirvana no que o ego se disolve na nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no hinduísmo onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o atman co Brahma.

No xudaísmo a principal corrente mística denomínase Cábala. O fillo de Isaac, Xacobe cambiou o seu nome polo de Israel (forte con Deus, e o que loita contra Deus) tras unha experiencia mística de loita coa divindade. Aquí a experiencia non supón a dilución da personalidade senón a súa purificación e reafirmación individual e colectiva. A experiencia de Moisés coa silveira ardente tradúcese nun mandato de liberación da escravitude de Exipto. O canto erótico do Cantar dos Cantares, sen perder o seu contido de sexualidade carnal, ten unha lectura mística que completa o seu sentido onde Deus é o amado e Israel a amada. Este cántico será a referencia simbólica e literaria do misticismo cristián.

Filósofos neoplatónicos como Plotino describen unha experiencia de fusión co Un que pode ser cualificada de mística.

No cristianismo, a experiencia non é de fusión nin de esvaemento senón de comuñón. Na Igrexa Siríaca seguen moi vivas a nivel litúrxico as experiencias místicas que se trasladaron aos cantos de Efrén o Sirio. Na Igrexa Ortodoxa Copta a vida ascética de Antón Abade segue a ser exemplo a imitar. Na Igrexa Apostólica Armenia os poemas místicos de Narek son un dos cumes literarios da lingua armenia. Na Igrexa Ortodoxa a espiritualidade pneumatolóxica recolle a tradición de Pais da Igrexa como Gregorio de Nisa e pervive a través do pensamento de Gregorio Palamas e a súas vivencias sobre as energeias divinas propias do hesicasmo.

Na Igrexa católica teñen particular importancia os escritos e predicacións de Bernardo de Claraval e Hildegarda de Bingen na Idade media, así como o misticismo do século de ouro español con Tareixa de Xesús e Xoán da Cruz.