Hioide: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
CaixaAnatomía
*soe -> adoita
Liña 42: Liña 42:


== Interese forense ==
== Interese forense ==
Nos asasinatos por estrangulación este óso soe romperse.
Nos asasinatos por estrangulación este óso adoita romperse.


== Interese antropolóxico ==
== Interese antropolóxico ==

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2011 ás 18:36

Hioide
Óso hioide. Superficie anterior.
Vista anterolateral da cabeza e do pescozo.
Latín os hyoideum
Precursor Arcos branquiais 2º e 3º

O hioide é un óso do pescozo, único, situado enriba da larinxe, coa que mantén importantes relacións. Únese a este órgano mediante a membrana tiro-hioidea, entre a cartilaxe tiroide e o óso hioide. Na parte superior relaciónase coa parte máis posterior da lingua. A situación do hioide permite distinguir dous grupos distintos de músculos: os suprahioideos (superiores ó hiode) e os infrahioideos (inferiores ó hioide).

Estrutura do óso

  • Corpo:
    • Cara anterior: insírense os seguintes músculos:
      • Xenihioideos
      • Hiogloso
      • Digástrico
      • Estilohioideo
    • Cara posterior: relaciónase coa membrana tirohioidea a través da bolsa adiposa de Boyer.
    • Bordo superior: insírese a membrana hioglosa e os músculos hiogloso, xeniogloso e xenihioideo.
    • Bordo inferior: insírense os músculos:
      • Tirohioideo
      • Omohioideo
      • Esternocleidohioideo
  • Astas maiores:
    • Superficie interna: insírese o músculo hiogloso.
    • Superficie externa: insírese o músculo constritor medio da farinxe.
    • Bordo superior: insírese o ligamento tirohioideo lateral. Tamén hai fibras do músculo constritor medio da farinxe, do hiogloso do digástrico e o estilohioideo.
    • Bordo inferior: insírese a membrana tirohioidea.
  • Astas menores: insírense:
    • Ligamento estilo-hiodeo.
    • Músculo estilogloso
    • Músculo hiogloso
    • Músculo constritor medio da farinxe

Interese forense

Nos asasinatos por estrangulación este óso adoita romperse.

Interese antropolóxico

A posición do hioide é importante para determinar que homo podía falar e cal non. O primeiro en falar suponse a día de hoxe que é o Homo ergaster, cuxo hioide está máis elevado có dos homo predecesores.

Artigos relacionados