Arco do Triunfo de París: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m *inscripción > inscrición
Liña 20: Liña 20:
Dentro do Arco atópase un museo que explica a súa historia e construción. É posible ascender ao teito desde onde se pode gozar dunha vista panorámica dalgúns dos lugares turísticos máis famosos de [[París]].
Dentro do Arco atópase un museo que explica a súa historia e construción. É posible ascender ao teito desde onde se pode gozar dunha vista panorámica dalgúns dos lugares turísticos máis famosos de [[París]].


O Arco do Triunfo forma parte dos monumentos nacionais que posúen unha forte carga histórica. Aos seus pés atópase a ''[[Tumba ao Soldado Descoñecido]]'' da [[Primeira Guerra Mundial]], en cuxa superficie hai unha inscripción: ''ICI REPOUSE UN SOLDAT FRANÇAIS MORT POUR A PATRIE 1914-1918'' («Aquí xace un soldado francés morto pola Patria 1914-1918») e unha chama continuamente acesa que as asociacións de antigos combatientes ou de vítimas de guerras reavivan todos os días ás seis e media da tarde, conmemorando a súa lembranza que é revivida cada [[11 de novembro]], aniversario do armisticio asinado en 1918 entre [[Francia]] e [[Alemaña]] que puxo fin á [[Primeira Guerra Mundial]].
O Arco do Triunfo forma parte dos monumentos nacionais que posúen unha forte carga histórica. Aos seus pés atópase a ''[[Tumba ao Soldado Descoñecido]]'' da [[Primeira Guerra Mundial]], en cuxa superficie hai unha inscrición: ''ICI REPOUSE UN SOLDAT FRANÇAIS MORT POUR A PATRIE 1914-1918'' («Aquí xace un soldado francés morto pola Patria 1914-1918») e unha chama continuamente acesa que as asociacións de antigos combatientes ou de vítimas de guerras reavivan todos os días ás seis e media da tarde, conmemorando a súa lembranza que é revivida cada [[11 de novembro]], aniversario do armisticio asinado en 1918 entre [[Francia]] e [[Alemaña]] que puxo fin á [[Primeira Guerra Mundial]].


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2011 ás 16:42

O Arco do Triunfo de noite

O Arco do Triunfo de París (Arc de Triomphe, en francés) é un dos arcos do triunfo máis famosos do mundo. Atópase na praza Charles de Gaulle, no extremo oeste da avenida dos Campos Elisios. Antigamente, o nome da praza era Place de l'Étoile.

Historia

Napoleón Bonaparte decidiu construír este arco trala súa vitoria na batalla de Austerlitz (1805), tras prometer aos seus homes: «Volveredes a casa baixo arcos triunfais». Foi deseñado por Jean Chalgrin, inspirado na arquitectura romana, e acada unha altura de 49 metros e 45 de ancho. Posúe unha estatua en cada un dos seus catro alicerces:

  • Le Triomphe (O Triunfo), de 1810
  • La Résistance (A Resistencia)
  • La Paix (A Paz)
  • Départ des volontaires de 1792 ou A Marseillaise (A Marsellesa, de François Rude)
Interior do Arco do Triunfo

Sobre as caras exteriores do Arco están gravados os nomes de grandes revolucionarios e as vitorias militares de Napoleón I. Sobre os muros interiores do monumento están inscritos os nomes dos 558 xenerais do Imperio Francés. Os nomes daqueles que morreron en combate están subliñados.

Napoleón mudou de idea no último intre á hora de realizares un monumento na praza da Estrela (Place de l´Étoile), xa que nun principio o monumento que se ía construír era un elefante de máis de 50 metros que botase un chorro de auga pola trompa. Esta construción sería quizais máis impresionante se cabo có actual Arco do Triunfo erixido pola vitoria na batalla de Austerlitz.

Proxecto de Charles Ribart do elefante triunfal (1758)

Dentro do Arco atópase un museo que explica a súa historia e construción. É posible ascender ao teito desde onde se pode gozar dunha vista panorámica dalgúns dos lugares turísticos máis famosos de París.

O Arco do Triunfo forma parte dos monumentos nacionais que posúen unha forte carga histórica. Aos seus pés atópase a Tumba ao Soldado Descoñecido da Primeira Guerra Mundial, en cuxa superficie hai unha inscrición: ICI REPOUSE UN SOLDAT FRANÇAIS MORT POUR A PATRIE 1914-1918 («Aquí xace un soldado francés morto pola Patria 1914-1918») e unha chama continuamente acesa que as asociacións de antigos combatientes ou de vítimas de guerras reavivan todos os días ás seis e media da tarde, conmemorando a súa lembranza que é revivida cada 11 de novembro, aniversario do armisticio asinado en 1918 entre Francia e Alemaña que puxo fin á Primeira Guerra Mundial.

Véxase tamén

Ligazóns externas