Helene Mayer: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Helene Mayer''' (Offenbach am Main, (Hessen, Alemaña), 10 de decembro de 1919 - Múnic (Baviera, Alemaña), 10 de outubro de 1953) foi unha [[esgr..."
 
Xoacas (conversa | contribucións)
iw
Liña 46: Liña 46:
#REDIRECT [[http://www.sports-reference.com/olympics/athletes/ma/helene-mayer-1.html]]
#REDIRECT [[http://www.sports-reference.com/olympics/athletes/ma/helene-mayer-1.html]]
ISBN 84-233-3658-1
ISBN 84-233-3658-1

[[de:Helene Mayer]]
[[es:Helene Mayer]]
[[fr:Helene Mayer]]
[[it:Helene Mayer]]
[[no:Helene Mayer]]
[[pt:Helene Mayer]]
[[fi:Helene Mayer]]
[[tr:Helene Mayer]]

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2011 ás 12:58

Helene Mayer (Offenbach am Main, (Hessen, Alemaña), 10 de decembro de 1919 - Múnic (Baviera, Alemaña), 10 de outubro de 1953) foi unha esgrima que competiu pola Alemaña Nazi nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936, a pesar de ter deixado Alemaña e vivir nos Estados Unidos e da orixe Xudaísmo da súa familia.

Vida

Primeiros momentos

Pertencente a unha familia de clase media sería a segunda filla dos tres que terían Ludwig e Ida. Helene dende pequena destacou nalgúns deportes e practicou ballet ata 1923. Animado polo seu pai, que era un médico xudeu e cando era novo fora esgrimista, o seu irmán Eugen comezou a practicar esgrima. Ela tamén quixo probar e tiraba contra o seu irmán no patio da casa ata que empezou entrenar baixo as ordes do "cavaliere" Arturo Gazzerano no Fechtclub Offenbach, a súa cidade natal. En 1924 participou no Campeonato Alemán Senior a Florete e quedou 2ª, un ano despois en 1925 gañou o título, fazaña que repetiría durante 6 anos. En 1929 gañou o Campeonato Europeo de Nápoles e o de 1931 en Viena, derrotando á campeona austriaca Ellen Preiss na final. En 1928 "Hee Blonde" (He a Loira) ganou a medalla de oruo nas Olimpiadas de Ámsterdam e en 1932 viaxou ós Ángeles para defender o título. Pero pouco antes de que comezara o torneo chegoulle a noticia da morte do seu noivo, o ouro foi para Ellen Preiss, ela conformaríase co 5º posto. Conteporáneamente, dende 1929 Helene desenvolveu os seus estudos de Dereito Internacional en Frankfurt am Main para despois trasladarse á Sorbona de París. Pouco antes dos Xogos dos Ángeles recibira unha beca para estudiar na costa Oeste no Scripps College de California. Alí desenvolveu unha vida universitaria brilante mentres continuaba coa práctica da esgrima participando nos Campeonatos Americanos onde obtivo o primeiro posto en florete en Chicago en 1933 e en Nova York en 1934, en total vencería en 8 ocasións.

Xogos Olímpicos de Berlín e anos seguintes

Coa chegada ao poder de Hitler en 1933 empézanse a aplicar medidas contra a minoría xudaica de Alemaña. Helene, que continuaba nos Estados Unidos viviu esta situación dende lonxe, sen embargo, debido ós seus orixes xudeos, dos que ela por mor dunha educación atea que lle procurara seu pai non se sentía parte, foi dada de baixa do seu clube de esgrima tradicional en Offenbach e se lle retirou a beca da que gozaba, licenciouse en 1934 e comezou a impartirclases de esgrima e alemán no Mills College. O Comité Olímpico decidiu que ha sede dos Xogos de 1936 fose a cidade de Berlín e os nazis vírono como unha oportunidade de demostrar a forza da nova Alemaña. Esto incluía a necesidade de evitar que atletas xudeus representasen a Alemaña nas Olimpiadas, polo que quedaron excluidos dos clubes aos que non podían entrar senon eran membros das asociaciones nazis das que igualmente non podían seren membros por seren xudeus. Ante as ameazas dos Estados Unidos principalmente xunto con outras democracias occidentales de boicotear os xogos os nazis decidiron convidar a Helene. Cabe dicir que Helene era unha rapaza de casi un 1,70 cm, loira con ollos azuis, que non tiña relación alguna co mundo xudeu (mais aló dos seus orixes) e se sentía alemana declarou que era un honor representar ó seu país nas Olimpiadas, motivo polo que foi moi criticada. Especulouse moito sobre o que tería acontecido se Helene rechazara esa invitación e as implicacións que podería ter suposto para os Xogos e a Historia mesma. Regresou a Alemaña onde estrechou a man de Hitler xunto có resto dos atletas olímpicos alemáns, na competición atopouse de fronte á sua vella rival Ellen Preiss e a unha nova rapaza húngara e xudea, Ilona Schacherer-Elek, as tres mellores do momento. Helene gañou todos os combates con as outras tiradoras, perdeu dous de tres con Elek e empatou con Preiss. Tras contabilizar os tocados resultou que a húnagara quedaba como primeira por un só tocado, Helene segunda e Preiss terceira. Na entrega de medallas no estadio central nunha foto que daría a volta ó mundo aparece o podio con Helene saludando có brazo en alto segundo ó estilo dos nazis (Hitlergruß). Seis meses despois das Olimpiadas regresa a Estados Unidos ainda que competiría unha vez mais por Alemaña en 1937 nos Campeonatos do Mundo compartindo o podio de novo con Elek e Preiss, aínda que nesta ocasión foi ela quen gañou o ouro. Estableceuse en California, obtivo a cidadanía americana e seguíu participando nos Campeonatos Nacionais americanos, mesmo pensou na posibilidade de participar nos Xogos de 1948, idea que desechou finalmente.

Regreso a Alemaña e morte

A partir de 1948 comezou a sentir dores e debilidade e en 1952 decide voltar a Alemaña para recuperarse, alí contrae matrimonio ós tres meses co barón Erwin Falkner von Sonnenburg, un aristócrata bávaro que traballaba como inxeñeiro aeronaútico e viven xuntos en Múnic. As dores non remitiron pois sufría un cáncer de mama, someteuse a diversas operacións pero finalmente morre o 10 de outubro, a falta de dous meses para cumprir os 43 e menos dun ano e medio despois de casar.

Resultados Deportivos

Ó longo da sua vida, Helene Mayer obtivo os seguintes resultados (todos eles usando como arma o florete):

  • 1924: Campeonato Nacional Alemán
  • 1925: Campeonato Nacional Alemán
  • 1926: Campeonato Nacional Alemán
  • 1927: Campeonato Nacional Alemán
  • 1928:

Campeonato Nacional Alemán, Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de Ámsterdam representando a Alemaña, Campeonato Nacional Italiano

  • 1929:

Campeonato Nacional Alemán Campeonato Mundial

  • 1930: Campeonato Nacional Alemán
  • 1931: Campeonato Mundial
  • 1932: Quinto posto nos Xogos Olímpicos dos Ángeles, representando a Alemaña
  • 1934: Campeonato Nacional Estadounidense
  • 1935: Campeonato Nacional Estadounidense
  • 1936: Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Berlín, representando a Alemaña
  • 1937:

Campeonato Nacional Estadounidense, Campeonato Mundial

  • 1938: Campeonato Nacional Estadounidense
  • 1939: Campeonato Nacional Estadounidense
  • 1941: Campeonato Nacional Estadounidense
  • 1942: Campeonato Nacional Estadounidense
  • 1946: Campeonato Nacional Estadounidense

Referencias

Obtenido de "http://es.wikipedia.org/wiki/Helene_Mayer"

  1. REDIRECT [[1]]

ISBN 84-233-3658-1