Xosé Henrique Rodríguez Peña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
En [[1989]] non sae elixido deputado no [[Parlamento de Galicia]]. A partir dese momento o PNG-PG inicia as xestións para incorporarse no seo do [[BNG]]. Nas [[eleccións municipais de 1991]] saíu escollido concelleiro na lista do [[BNG]] por [[Ourense]] e converteuse en voceiro dos nacionalistas no consistorio.
En [[1989]] non sae elixido deputado no [[Parlamento de Galicia]]. A partir dese momento o PNG-PG inicia as xestións para incorporarse no seo do [[BNG]]. Nas [[eleccións municipais de 1991]] saíu escollido concelleiro na lista do [[BNG]] por [[Ourense]] e converteuse en voceiro dos nacionalistas no consistorio.


O [[7 de xuño]] de [[1992]] foi elixido secretario xeral do Partido Nacionalista Galego durante a celebración do seu IV Congreso. Nas [[eleccións autonómicas de 1993]] foi escollido deputado por Ourense, que revalidou nas [[eleccións autonómicas de 1997|1997]] e [[eleccións autonómicas de 2001|2001]].
O [[7 de xuño]] de [[1992]] foi elixido secretario xeral do Partido Nacionalista Galego durante a celebración do seu IV Congreso. Nas [[eleccións autonómicas de 1993]] foi escollido deputado por Ourense, que revalidou nas de [[eleccións autonómicas de 1997|1997]] e de [[eleccións autonómicas de 2001|2001]].


Na altura da súa morte era membro do [[Consello Nacional do BNG]] e secretario xeral do PNG.
Na altura da súa morte era membro do [[Consello Nacional do BNG]] e secretario xeral do PNG.

Revisión como estaba o 14 de agosto de 2006 ás 12:59

Xosé Henrique Rodríguez Peña foi un arquitecto e político galego, nado en Ourense o 24 de outubro de 1942 e morto en Vigo o 14 de agosto de 2006.

Estudou na Facultade de Ciencias de Santiago de Compostela e licenciouse en Arquitectura pola Escola Superior de Arquitectura de Madrid, especializándose na restauración de monumentos.

Nos anos 60 participou, sen afiliación política, no movemento estudantil contra a ditadura e presentouse ás eleccións municipais de 1979 a Ourense nas listas de Unidade Galega como membro do Partido Galeguista.

Membro de Coalición Galega (CG) desde a súa fundación, ocupou o cargo de secretario do partido na área de Acción Municipal en 1985. Nas eleccións autonómicas de 1985 foi elixido como deputado por esta formación. Dous anos despois, en xaneiro de 1987 foi impulsor e membro fundador do Partido Nacionalista Galego (PNG), organización creada como escisión de Coalición Galega. Este novo partido foi peza chave na moción de censura contra Xerardo Fernández Albor que levou á presidencia da Xunta o socialista Fernando González Laxe. Nese primeiro goberno tripartito Xosé Henrique Rodríguez Peña foi nomeado conselleiro de Pesca.

En 1989 non sae elixido deputado no Parlamento de Galicia. A partir dese momento o PNG-PG inicia as xestións para incorporarse no seo do BNG. Nas eleccións municipais de 1991 saíu escollido concelleiro na lista do BNG por Ourense e converteuse en voceiro dos nacionalistas no consistorio.

O 7 de xuño de 1992 foi elixido secretario xeral do Partido Nacionalista Galego durante a celebración do seu IV Congreso. Nas eleccións autonómicas de 1993 foi escollido deputado por Ourense, que revalidou nas de 1997 e de 2001.

Na altura da súa morte era membro do Consello Nacional do BNG e secretario xeral do PNG.

Presidiu a delegación ourensá do Colexio de Arquitectos. Ademais, foi vicepresidente do Ateneo ourensán e membro do patronato do Museo do Pobo Galego.

Datos persoais

Estivo casado e tivo catro fillos.

Como arquitecto, foi autor de traballos sobre arquitectura visigoda e románica e realizou o seu traballo de especialización sobre o mosteiro de Oseira.

Faleceu na clínica Povisa de Vigo, dun cancro de vexiga. Foi incinerado en Ourense.