Polgar: Diferenzas entre revisións
m →Ligazóns externas: modelo |
|||
Liña 31: | Liña 31: | ||
{{Anatomía rexional}} |
{{Anatomía rexional}} |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Anatomía rexional]] |
||
[[an:Pulgar]] |
[[an:Pulgar]] |
Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2011 ás 01:28
Na anatomía humana, o polgar é o primeiro dedo ou deda a contar dende o interior. O polgar da man humana (a diferenza dos primates en xeral) é completamente opoñible aos outros catro dedos, pode tocar os demais dedos dende a súa punta até a súa base e mesmo a parte superior da palma da man. Esta calidade dalle á man dos primates unha vantaxe evolutiva moi notable xa que mediante esta función anatómica, o polgar pode manipular obxectos grandes apoiándose coa palma da man e obxectos medianos ou pequenos apoiándose cun ou máis dedos dos outros dedos.
Suxección
Unha suxección típica entre os dedos inclúe ao polgar e ao segundo dedo (índice), cando se suxeita un alfinete ou algo pequeno. Se o obxecto é máis grande ou se requiren funcións adicionais, como virar o obxecto, empréganse máis dedos.
Orixe do polgar
A evolución do polgar opoñible ou prensible normalmente asóciase co Homo habilis, o predecesor do Homo sapiens. Isto, con todo, é un resultado da evolución do Homo erectus (preto dun millón de anos atrás) mediante unha serie de etapas antropomórficas intermedias, polo que resulta dun proceso evolutivo moito máis complicado.
O factor máis importante relacionado á habilidade da man e o seu polgar é a liberación da súa función na marcha, que aínda hoxe é crucial para os simios. No seu momento foi unha das consecuencias da gradual adopción de pitecantropoide e antropoide da erección do andar bípedo e o desenvolvemento simultáneo dun gran cerebro en etapas posteriores.
Significado
Nas culturas occidentais, se unha persoa, levanta ese dedo e pono cara arriba, significa que aproba unha acción; e se o pon boca abaixo, significa que desaproba algo.
Outros animais con dedo pulgar opoñible
Moitos animais, como os primates e outros, teñen algún tipo de dedo opoñible:
- Panda, aínda que non sexa un polgar exactamente senón un sexto dedo que actúa como tal.
- Koala
- Opósum
- A maioría dos primates, tanto en mans como en pés, aínda que a destreza do pulgar varía moitísimo dunha especie a outra.
Véxase tamén
Ligazóns externas