Tensión eléctrica: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (bot Engadido: mr:विद्युतदाब |
m r2.7.1) (bot Engadido: zh-min-nan:Tiān-ap |
||
Liña 91: | Liña 91: | ||
[[wo:Dendu mbëj]] |
[[wo:Dendu mbëj]] |
||
[[zh:電壓]] |
[[zh:電壓]] |
||
[[zh-min-nan:Tiān-ap]] |
Revisión como estaba o 6 de xaneiro de 2011 ás 05:51
A tensión eléctrica é a diferenza de potencial eléctrico entre dous puntos[1]. A súa unidade de medida é o Volt, en homenaxe ao físico italiano Alessandro Volta.
Características
O potencial eléctrico mide a forza que unha carga eléctrica experimenta no seo de un campo eléctrico, expresa pola lei de Coulomb, por tanto a tensión é a tendencia que unha carga ten de ir de un punto para o outro. Normalmente tomase un punto que se considera de tensión cero e médese a tensión do resto dos puntos relativos a este.
A tensión eléctrica entre dous puntos, ou sexa [(+) e (-)] é definida matematicamente como a integral de liña do campo eléctrico:
Para facilitar o entendemento da tensión eléctrica pódese facer un paralelo desta coa presión hidráulica[2]. Canto maior a diferenza de presión hidráulica entre dous puntos, maior será o fluxo, caso haxa comunicación entre estes dous puntos. O fluxo (que en electrodinámica seria a corrente eléctrica) será así unha función da presión hidráulica (tensión eléctrica) e da oposición á pasaxe do fluído (resistencia eléctrica). Este é o fundamento da lei de Ohm, para a corrente continua:
onde:
- R = Resistencia (Ohms)
- I = Intensidade da corrente (Ampères)
- U = Diferenza de potencial ou tensión (Volts)
En corrente alternada, substitúese a resistencia pola impedancia:
onde:
- Z = Impedancia (Ohms)
Polo método fasorial, en corrente alternada, todas as variábeis da ecuación son complexas. A impedancia representa, alén da resistencia a pasaxe de corrente eléctrica, tamén o deslocamento angular na forma de onda producido polo equipamento (capacitores e bobinas ou indutores).