Universidade de Madrid: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de decembro de 2010 ás 14:43

Edificios da antiga Universidade Central de Madrid e do Instituto Cardenal Cisneros. Rúa de San Bernardo, 7 e 49. A primeira fase construíuse entre 1842 e 1844, e a segunda en 1847

Universidade de Madrid ou Universidade Central foron os nomes que tomou a Universidade de Madrid cando se pechou a Universidade de Alcalá, e os seus estudos foron trasladados á cidade de Madrid, a mediados do século XIX. Mediante Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse o comezo do traslado a Madrid dos estudos. A universidade de Madrid denominouse nun principio Universidade Literaria e en 1851, Universidade Central.

A Universidade Central ten a súa orixe na mentalidade renovadora liberal que pretendía dar fin aos ensinos tradicionais nas universidades do Antigo Réxime. Nun primeiro momento instálase no edificio do Seminario de Nobres da rúa Princesa, pasando posteriormente ao Convento de las Salesas nuevas na rúa de San Bernardo. En 1842 confírmase o antigo Noviciado de Xesuítas como o asentamento definitivo da Universidade Central de Madrid; na actualidade, este edificio alberga ao Instituto de España, o organismo que reúne ás Reais Academias. O primeiro proxecto de adaptación do Noviciado ao seu novo uso como Universidade Central é de Francisco Javier Mariategui; tras a súa morte foi substituído por Narciso Pascual y Colomer, a quen se debe a realización do Paraninfo, construído en 1852 aproveitando os muros da antiga igrexa das xesuítas.

Dende a lei Moyano (1857) esta universidade foi a única autorizada en España para dar o título de doutor, ata que en 1954, foi concedida esta potestade á Universidade de Salamanca, tras a celebración da súa VII centenario, e posteriormente ao resto das universidades españolas da época. En 1973, a Escola Técnicas de Grao Superior e de Grao Medio de Arquitectura e Enxeñaría desta universidade xunto con outros centros superiores dependentes dos ministerios de Defensa, Industria e Obras Públicas uníronse para formar a Universidade Politécnica de Madrid.

Estando a súa orixe na desmantelación da Universidade de Alcalá de Henares e o traslado dos seus estudos a Madrid daríaselle, oficiosamente durante o franquismo, o nome de Universidade Complutense de Madrid e legalmente máis tarde, cando se fundou, cara a 1968, a Universidade Autónoma de Madrid.

Véxase tamén