Josep Carreras: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: be:Хасэ Карэрас
LucienBOT (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: be-x-old:Хасэ Карэрас
Liña 19: Liña 19:
[[ar:خوسيه كاريراس]]
[[ar:خوسيه كاريراس]]
[[be:Хасэ Карэрас]]
[[be:Хасэ Карэрас]]
[[be-x-old:Хасэ Карэрас]]
[[bg:Хосе Карерас]]
[[bg:Хосе Карерас]]
[[ca:Josep Carreras i Coll]]
[[ca:Josep Carreras i Coll]]

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2010 ás 16:17

José Carreras

Josep Carreras, nado en Barcelona o 5 de decembro de 1946, é un tenor de orixe catalá, famoso polas súas interpretacións en obras de Verdi e de Puccini. Adquiriu nome grazas a súa participación en "Os Tres Tenores" xunto a Luciano Pavarotti e Plácido Domingo. Retirouse o 7 de maio de 2009.

Traxectoria

Carreras demostrou as súas aptitudes musicais dende neno. Á idade de oito anos realizou a súa primeira actuación en público ó cantar La donna è mobile na radio española. Ós once años apareceu por primeira vez no Liceu barcelonés como un novo soprano no papel de narrador da ópera de Manuel de Falla El retablo de Maese Pedro e nun pequeño papel no segundo acto de La Bohème.

Durante a súa adolescencia, Carreras estudou no Conservatorio Superior de Música do Liceo. Debutou en 1970 en Barcelona como Ismael en Nabucco e na ópera Norma, chamando a atención da soprano Montserrat Caballé, que protagonizaba a obra. Caballé invitoulle a cantar na produción Lucrezia Borgia, o primeiro grande éxito de Carreras. Volveu cantar con Caballé no 1971 interpretando Maria Stuarda en Londres. Os dous cantantes coincidiron en varias obras.

En 1972 debutou nos Estados Unidos no papel de Pinkerton de Madame Butterfly. En 1973 debutou en Londres e, en 1974, en Viena, interpretando A Traviata. Ós 28 anos, Carreras cantara xa 24 óperas distintas. En 1978 interpretou Don Carlo no Festival de Salzburgo, baixo a dirección de Karajan. En 1984 recibiu a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya. En 1987, cando se atopaba no cume da súa carreira, foille diagnosticada unha leucemia e os médicos déronlle poucas posibilidades de sobrevivir. Tras duros tratamentos que incluíron radioterapia e quimioterapia e un autotransplante de médula, Carreras puido reanuda-la traxectoria artística. En 1988 fundou a Fundación Josep Carreras contra a leucemia, unha organización que apoia economicamente a investigación contra a leucemia e que mantén un banco de donantes de medula ósea. En 1991 foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias das Artes. O 13 de setembro de 2002 inaugurou en Sant Joan d'Alacant unha praza en homenaxe ó labor realizada na loita contra a leucemia. O 22 de setembro de 2006 inaugurou en Fuenlabrada un teatro que leva o seu nome. O 17 de xuño de 2008 celebrou un acto no Teatre del Liceu de Barcelona con motivo dos seus cincuenta anos dende o seu debutamento no mesmo escenario

Véxase tamén

Ligazóns externas