Xázaro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.3) (bot Engadido: da, lbe, sl Eliminado: az, cs, he, uz Modificado: no, tr
m r2.6.5) (bot Engadido: an:Gazaros
Liña 11: Liña 11:
[[Categoría:Historia de Hungría]]
[[Categoría:Historia de Hungría]]


[[an:Gazaros]]
[[ar:خزر]]
[[ar:خزر]]
[[be-x-old:Хазары]]
[[be-x-old:Хазары]]

Revisión como estaba o 27 de decembro de 2010 ás 18:22

Os xázaros (en hebreo, Kuzari כוזרי, en árabe: خزر, en turco: Hazar, en grego: Χαζαροι, en ruso: Хазары, en latín: Gazari ou Cosri) foron un pobo turco procedente de Asia central. Entre os séculos VIII e IX, o xudaísmo converteuse na relixión de estado.

O nome "khazar" parece estar vinculado a un verbo túrquico que significa "errante" (gezer en turco moderno). No século VII, fundaron un Khanato independente no Cáucaso Norte a beiras do Mar Caspio, onde co paso do tempo o xudaísmo converteríase en relixión oficial. No seu momento de máximo esplendor, eles e os seus tributarios controlaron boa parte do que hoxe é o sur de Rusia, Casaquistán occidental, este de Ucraína, parte importante do Cáucaso, (Daguestán, Acerbaixán, Xeorxia,...) e Crimea.

Os khazares foron importantes aliados do Imperio Bizantino contra o Imperio Sasánida, ademais dunha significativa potencia rexional no seu momento de máximo esplendor. Emprenderon unha serie de guerras, todas vitoriosas, contra os califatos árabes, evitando así posiblemente a invasión de Europa Oriental. A finais do século X, o seu poder declinaría fronte ao Rus de Kiev, desaparecendo misteriosamente da historia.

Ligazóns externas