Club Deportivo Bidasoa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{| border=1 align="right" cellpadding=4 cellspacing=0 width=300 style="margin: 0 0 1em 1em; background: #f9f9f9; border: 1px #aaaaaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 95%;..."
 
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 119: Liña 119:
* [http://www.palimpalem.com/1/Bidasoa-Irun/ Web non oficial do Bidasoa Irún]
* [http://www.palimpalem.com/1/Bidasoa-Irun/ Web non oficial do Bidasoa Irún]


[[Categoría:Equipos de balonmán]]
[[Categoría:Equipos de balonmán de Euskadi|Bidasoa]]


[[ca:Club Deportivo Bidasoa]]
[[ca:Club Deportivo Bidasoa]]

Revisión como estaba o 23 de decembro de 2010 ás 15:20

Bidasoa Irún
Nome do club Club Deportivo Bidasoa
Fundado 1962
Pavillón Polideportivo Artaleku,
Irún
Capacidade 2.200
Presidente España Doroteo Vicente
Entrenador España Juanto Apezetxea
Liga División de Honra B
Equipacións


Local


Visitante

O Club Deportivo Bidasoa é un equipo de balonmán da localidade de Irún, Guipúscoa (Euskadi), fundado en 1962 e que actualmente compite na División de Honra B do Estado español.

Historia

O CD Bidasoa fundouse en 1962 e o seu primeiro presidente foi José Miguel Arana, mentres que o seu primeiro adestrador foi José Antonio Apezteguia.

A entidade deu os seus primeiros pasos deportivos no frontón Uranzu, logrando rápidamente facerse un sitio na División de Honra primeiro como un equipo modesto e, pouco a pouco, comezando a tutear a algúns dos equipos máis importantes.

Os meirandes éxitos do CD Bidasoa chegaron da man da firma chocolateira Elgorriaga, patrocinador do club irundarra dende a tempada 1983-84 ata a 1996-97. Como excepción podería apuntarse a primeira final da Copa do Rei, na que o Bidasoa perdeu en Málaga ante o FC Barcelona, cando o equipo vasco estaba esponsorizado por Muebles Danona de Azpeitia (Gipúscoa).

O primeiro título colleitado pola entidade foi o campionato de Liga da tempada 1986-87, campionato conseguido con dous xogadores iugoslavos e o resto da plantilla formada por xogadores guipuscoanos.

O Bidasoa comezara a facer historia ainda que tivo que esperar á década dos 90 para engadir, polo momento, sete títulos máis ao seu palmarés. Os máis importantes foron os da Copa de Europa gañada na tempada 1994-95 en Zagreb (Croacia) e que supuxo o primeiro título europeo dun equipo vasco en calquera modalidade deportiva e a Recopa de Europa. A entidade irundarra, que logrou clasificarse entre os mellores clubs de Europa da década, sumou ademáis un novo título de Liga na tempada 1994-95 e dúas Copas do Rei nas tempadas 1990-91 e 1995-96. Na tempada 1999-00 gañou ademáis a súa primeira Copa de Euskadi, título que repetiría nas tempadas 2000-01 e 2001-02.

Presidentes

O CD Bidasoa tivo ao longo da súa historia un total de sete presidentes:

  • José Miguel Arana.
  • Manolo López.
  • Emilio Visiers.
  • José Antonio Quiñones.
  • Beñardo García y Luis Cuñado.
  • José Ángel Sodupe

Palmarés

  • Campión: 1986-87 1994-95
  • Subcampión: 1993-94
  • Campión: 1990-91 1995-96
  • Subcampión: 1982-83 1987-88 1989-90 1992-93
  • Campión: 1995-96
  • Subcampión: 1987-88 1988-89 1993-94 1996-97
  • Campión: 1992-93
  • Subcampión: 1991-92
  • Campión: 1994-95
  • Subcampión: 1995-96
  • Campión: 1996-97
  • Subcampión: 1990-91
  • Subcampión: 1997-98

Plantilla 2010/2011

 

Véxase tamén

Ligazóns externas