Imre Lakatos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Formado na Universidade de Debrecen, a súa nai e a súa aboa foron asasinadas en [[Auschwitz]] entrementres el conseguiu fuxir dos [[nazi]]s cambiando de nome. Convertido nun convencido comunista, traballou no ministerio de Educación da república soviética do seu país e asitiu tamén aos seminarios de [[Gyorgy Lukács]]. Aínda que estudou tamén na Universidade estatal de [[Moscova]], foi acusado de revisionismo polo comunismo oficial e metido na cadea.
Formado na Universidade de Debrecen, a súa nai e a súa aboa foron asasinadas en [[Auschwitz]] entrementres el conseguiu fuxir dos [[nazi]]s cambiando de nome. Convertido nun convencido comunista, traballou no ministerio de Educación da república soviética do seu país e asistiu tamén aos seminarios de [[Gyorgy Lukács]]. Aínda que estudou tamén na Universidade estatal de [[Moscova]], foi acusado de revisionismo polo comunismo oficial e metido na cadea.


Implicouse na revolución húngara de [[1956]] que foi esmagada pola [[Unión Soviética]], o que provocou a súa fuxida a [[Viena]], e máis tarde ao [[Reino Unido]] onde se doutorou na [[Universidade de Cambridge]]. Posteriormente, traballou na Escola de Economía de Londres e foi o editor do ''British Journal for de Philosophy of Science'' ata a súa súpeta morte dunha hemorraxia cerebral.
Implicouse na revolución húngara de [[1956]] que foi esmagada pola [[Unión Soviética]], o que provocou a súa fuxida a [[Viena]], e máis tarde ao [[Reino Unido]] onde se doutorou na [[Universidade de Cambridge]]. Posteriormente, traballou na Escola de Economía de Londres e foi o editor do ''British Journal for the Philosophy of Science'' ata a súa súpeta morte dunha hemorraxia cerebral.


==Pensamento==
==Pensamento==
Introduciu a dimensión histórica no coñecemento científico. A filosofía da ciencia sen [[historia]] fica baleira e a a historia da ciencia sen filosofía é cega. Introduce a posibilidade de corrección das reonstruccións racionais por medio de estudos históricos independentes. Para el historia signifca, por unha banda. conxunto de feitos históricos e, por outra, un conxunto de proposicións históricas. Calquera historia é unha reconstrucción cargada de teoría e de valor. Existe pois tamén no eido científico unha profunda conexión entre ámbolos dous planos.
Introduciu a dimensión histórica no coñecemento científico. A filosofía da ciencia sen [[historia]] fica baleira e a a historia da ciencia sen filosofía é cega. Introduce a posibilidade de corrección das reconstruccións racionais por medio de estudos históricos independentes. Para el historia significa, por unha banda, conxunto de feitos históricos e, por outra, un conxunto de proposicións históricas. Calquera historia é unha reconstrucción cargada de teoría e de valor. Existe pois, tamén no eido científico, unha profunda conexión entre ámbolos dous planos.


Como Popper, entende que só é científico o refutable, o falsable. Considera inxel o positivismo científico que cré que se poden verificar sobre a experiencia as construccións científicas co fin de outorgarlles a categoría de verdade. Pero non comparte a crítica radical de [[Paul Feyerabend]] para quen non existen ciencias no sentido dos racionalistas senón humanidades. Para Lakatos só se poden refutar sistemas teóricos completos e non hipóteses illadas. Aumenta, xa que logo, a escala da unidade de avaliación que non é o enunciado illado a confirmar no experimento senón o [[programa de investigación]].
Como Popper, entende que só é científico o refutable, o falsable. Considera inxel o positivismo científico que cré que se poden verificar sobre a experiencia as construccións científicas co fin de outorgarlles a categoría de verdade. Pero non comparte a crítica radical de [[Paul Feyerabend]] para quen non existen ciencias no sentido dos racionalistas senón humanidades.


Este é un conxunto de teorías sucesivas a contrastar con teorías rivais. O programa de investigación ten un núcleo duro e un cinto protector formado por hipóteses auxiliares. O núcleo duro vese afectado se non pode predecir fenómenos por conter anomalías empíricas, momento no que pode ser reemprazado por un programa rival que é quen de explicar máis ca o anterior e predecir feitos novos.
Para Lakatos só se poden refutar sistemas teóricos completos e non hipóteses illadas. Aumenta, xa que logo, a escala da unidade de avaliación que non é o enunciado illado a confirmar no experimento senón o [[programa de investigación]].
Este é un conxunto de teorías sucesivas a contrastar con teorías rivais. O programa de investigación ten un núcleo duro e un cinto protector formado por hipóteses auxiliares. O núcleo duro vese afectado se non poden predecir fenómenos por conter anomalías empíricas, momento no que pode ser reemprazado por un programa rival que é quen de explicar máis ca o anterior e predecir feitos novos.


==Obras==
==Obras==

Revisión como estaba o 23 de decembro de 2010 ás 12:00

Ficheiro:Lakatos 2.jpg
Imre Lakatos.

Imre Lakatos, nado en Debrecen, Hungría en 1922 e finado en Londres, en 1974, foi un filósofo da ciencia que desenvolveu o falsacionismo de Karl Popper.

Traxectoria

Formado na Universidade de Debrecen, a súa nai e a súa aboa foron asasinadas en Auschwitz entrementres el conseguiu fuxir dos nazis cambiando de nome. Convertido nun convencido comunista, traballou no ministerio de Educación da república soviética do seu país e asistiu tamén aos seminarios de Gyorgy Lukács. Aínda que estudou tamén na Universidade estatal de Moscova, foi acusado de revisionismo polo comunismo oficial e metido na cadea.

Implicouse na revolución húngara de 1956 que foi esmagada pola Unión Soviética, o que provocou a súa fuxida a Viena, e máis tarde ao Reino Unido onde se doutorou na Universidade de Cambridge. Posteriormente, traballou na Escola de Economía de Londres e foi o editor do British Journal for the Philosophy of Science ata a súa súpeta morte dunha hemorraxia cerebral.

Pensamento

Introduciu a dimensión histórica no coñecemento científico. A filosofía da ciencia sen historia fica baleira e a a historia da ciencia sen filosofía é cega. Introduce a posibilidade de corrección das reconstruccións racionais por medio de estudos históricos independentes. Para el historia significa, por unha banda, conxunto de feitos históricos e, por outra, un conxunto de proposicións históricas. Calquera historia é unha reconstrucción cargada de teoría e de valor. Existe pois, tamén no eido científico, unha profunda conexión entre ámbolos dous planos.

Como Popper, entende que só é científico o refutable, o falsable. Considera inxel o positivismo científico que cré que se poden verificar sobre a experiencia as construccións científicas co fin de outorgarlles a categoría de verdade. Pero non comparte a crítica radical de Paul Feyerabend para quen non existen ciencias no sentido dos racionalistas senón humanidades.

Para Lakatos só se poden refutar sistemas teóricos completos e non hipóteses illadas. Aumenta, xa que logo, a escala da unidade de avaliación que non é o enunciado illado a confirmar no experimento senón o programa de investigación.

Este é un conxunto de teorías sucesivas a contrastar con teorías rivais. O programa de investigación ten un núcleo duro e un cinto protector formado por hipóteses auxiliares. O núcleo duro vese afectado se non poden predecir fenómenos por conter anomalías empíricas, momento no que pode ser reemprazado por un programa rival que é quen de explicar máis ca o anterior e predecir feitos novos.

Obras

  • Proofs and refutations
  • The logic of mathematical discovery