Estrixiformes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m [r2.6.3] bot Engadido: az, bjn, br, es, et, ht, kk, ku, lv, mr, mzn, nv, pcd, pnb, ps, sah, tg, tl, war, wo, yo Eliminado: la Modificado: el, hr, ro
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Engadido: frr:Kadüülfögler; cambios estética
Liña 13: Liña 13:
[[Tytonidae]]
[[Tytonidae]]
}}
}}
A [[orde (bioloxía)|orde]] das '''estrixiformes''' ou '''aves rapaces nocturnas''' comprende á familia [[Tytonidae]] (curuxas) e a familia [[Strigidae]] que inclúe [[bufo]]s, [[curuxa]]s, [[moucho]]s, [[tecolote]]s, [[moucho de orellas|mouchos de orella]]s, [[avelaiona]]s, [[Bubo virginianus nacurutu|ñacurutú]]s e [[chuncho]]s, entre outras. Atópanse en todo o [[mundo]], agás na [[Antártica]], a maior parte de [[Grenlandia]] e nalgunhas illas remotas. Son grandes cazadores, de hábito nocturno e solitario. Aliméntanse xeralmente de pequenos [[mamífero]]s, [[insecto]]s e outras [[ave]]s, aínda que algunhas especies especialízanse na [[peixe|pesca]].
A [[orde (bioloxía)|orde]] das '''estrixiformes''' ou '''aves rapaces nocturnas''' comprende á familia [[Tytonidae]] (curuxas) e a familia [[Strigidae]] que inclúe [[bufo]]s, [[curuxa]]s, [[moucho]]s, [[tecolote]]s, [[moucho de orellas|mouchos de orellas]], [[avelaiona]]s, [[Bubo virginianus nacurutu|ñacurutús]] e [[chuncho]]s, entre outras. Atópanse en todo o [[mundo]], agás na [[Antártica]], a maior parte de [[Grenlandia]] e nalgunhas illas remotas. Son grandes cazadores, de hábito nocturno e solitario. Aliméntanse xeralmente de pequenos [[mamífero]]s, [[insecto]]s e outras [[ave]]s, aínda que algunhas especies especialízanse na [[peixe|pesca]].


== Características ==
== Características ==
Liña 27: Liña 27:


== Mitoloxía ==
== Mitoloxía ==
[[Imaxe:Schleiereule fws.jpg|thumb|right|''[[Tyto alba]]'', curuxa común]]
[[Ficheiro:Schleiereule fws.jpg|thumb|right|''[[Tyto alba]]'', curuxa común]]


*Aínda que ás veces díxose que a ave que acompaña a [[Atenea]] ou [[Minerva]] é unha curuxa, en realidade é o [[Athene noctua|moucho europeo]].
* Aínda que ás veces díxose que a ave que acompaña a [[Atenea]] ou [[Minerva]] é unha curuxa, en realidade é o [[Athene noctua|moucho europeo]].


*No folclore de [[Chile]] e parte de [[Arxentina]], os bufos e curuxas son considerados un tipo de "ave agoreira" (ave de mala sorte); sendo relacionados co mito do temido [[Chonchón]].
* No folclore de [[Chile]] e parte de [[Arxentina]], os bufos e curuxas son considerados un tipo de "ave agoreira" (ave de mala sorte); sendo relacionados co mito do temido [[Chonchón]].


*Entre os [[vasco]]s, o bufo é considerado un animal pouco intelixente. En [[éuscaro]], os termos para bufo ou curuxa (''hontza, mozoloa'') son sinónimos de ''imbécil'' aplicados a unha persoa.
* Entre os [[vasco]]s, o bufo é considerado un animal pouco intelixente. En [[éuscaro]], os termos para bufo ou curuxa (''hontza, mozoloa'') son sinónimos de ''imbécil'' aplicados a unha persoa.


*Na cultura [[Xapón|xaponesa]], os bufos son símbolos da morte e ver un considérase de mala sorte.
* Na cultura [[Xapón|xaponesa]], os bufos son símbolos da morte e ver un considérase de mala sorte.


*Na cultura [[romanía|romena]] escoitar o son producido por estas aves é unha indicación de que alguén vai morrer na veciñanza, debido a que o son é semellante a un queixume.
* Na cultura [[romanía|romena]] escoitar o son producido por estas aves é unha indicación de que alguén vai morrer na veciñanza, debido a que o son é semellante a un queixume.


*Os [[romanos]] considerábanas aves funerarias, polas súas actividades nocturnas e por ter os seus niños en lugares pouco accesibles, polo que ver a un bufo no día considerábase de mala sorte.
* Os [[romanos]] considerábanas aves funerarias, polas súas actividades nocturnas e por ter os seus niños en lugares pouco accesibles, polo que ver a un bufo no día considerábase de mala sorte.


Maior información en [[Strigidae]].
Maior información en [[Strigidae]].
Liña 49: Liña 49:


{{paxaros}}
{{paxaros}}

[[Categoría:Strigiformes| ]]
[[Categoría:Strigiformes| ]]


Liña 76: Liña 77:
[[fo:Uglur]]
[[fo:Uglur]]
[[fr:Strigiformes]]
[[fr:Strigiformes]]
[[frr:Kadüülfögler]]
[[fy:Uleëftigen]]
[[fy:Uleëftigen]]
[[gn:Urukure'a]]
[[gn:Urukure'a]]

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2010 ás 11:43

Strigiformes

Strix occidentalis caurina
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Wagler, 1830
Familias

Strigidae
Tytonidae

A orde das estrixiformes ou aves rapaces nocturnas comprende á familia Tytonidae (curuxas) e a familia Strigidae que inclúe bufos, curuxas, mouchos, tecolotes, mouchos de orellas, avelaionas, ñacurutús e chunchos, entre outras. Atópanse en todo o mundo, agás na Antártica, a maior parte de Grenlandia e nalgunhas illas remotas. Son grandes cazadores, de hábito nocturno e solitario. Aliméntanse xeralmente de pequenos mamíferos, insectos e outras aves, aínda que algunhas especies especialízanse na pesca.

Características

Os dedos tenden nas estrixiformes a separarse dúas a dúas, e o bico, coma nos papagaios, é moi ganchudo e presenta a base cuberta por unha cera. Os caracteres distintivos da orde están principalmente nos ollos e nos oídos. Aqueles son moi grandes e no canto de estar situados aos lados da cabeza, áchanse orientados cara a adiante, como entre os mamíferos acontece cos primates, e cada un deles está rodeado por un gran disco de plumas, o disco facial, limitado por unha circunferencia de plumas pequenas, duras e rizadas. Aínda que os bufos teñen visión binocular, os seus ollos están fixos no seu lugar e teñen que virar toda a súa cabeza para ver cara a outra dirección. Son hipermétropes e non poden ver nada a uns centímetros dos seus ollos. Con todo, a súa visión, particularmente en luz baixa, é excelente.

En canto aos oídos, son moi grandes e presentan no exterior notables repregamentos de pel, coma se tendesen a formar unha orella, coa particularidade de que esta ofrece a cada lado, na maior parte dos casos, formas distintas. Este carácter non se nota a primeira ollada por estar ocultos os oídos baixo plumas; pero é curioso que moitas especies teñen sobre a cabeza unha a xeito de falsas orellas ou corniños, formados por grupos de plumas tesas. A plumaxe destas aves é moi espesa e moi branda, semellandose á das avenoiteiras, e a maior parte das especies aseméllanse tamén a estes na cor, que é unha mestura de diferentes matices amarelos, avermellados, pardos e negros.

Hábitos

Case todas as estrixiformes son nocturnas e aliméntanse de presas vivas, tales como pequenos mamíferos, paxariños, ras, etc., que devoran enteiros; logo regurxitan unhas egagrópilas ou ovillos formados por anacos de ósos, pelos e demais partes que pola súa natureza non poden dixerir. Moitos bufos poden cazar en total escuridade guiándose polo son. O seu disco facial axuda a dirixir o son das súas presas cara aos oídos. Moitas especies posúen plumas suaves que lles permiten voar sen facer ruído, e deste xeito ouvir os sons que se producen no chan. Un exemplo de diúrna é Athene cunicularia que habita en case toda América.

Os ovos que pon as femias son case esféricos, e por completo brancos. Os seus niños son rudimentarios e poden estar situados en ocos das árbores, tobos, cortellos, covas ou mesmo en niños artificiais feitos polo home.

Mitoloxía

Tyto alba, curuxa común
  • No folclore de Chile e parte de Arxentina, os bufos e curuxas son considerados un tipo de "ave agoreira" (ave de mala sorte); sendo relacionados co mito do temido Chonchón.
  • Entre os vascos, o bufo é considerado un animal pouco intelixente. En éuscaro, os termos para bufo ou curuxa (hontza, mozoloa) son sinónimos de imbécil aplicados a unha persoa.
  • Na cultura xaponesa, os bufos son símbolos da morte e ver un considérase de mala sorte.
  • Na cultura romena escoitar o son producido por estas aves é unha indicación de que alguén vai morrer na veciñanza, debido a que o son é semellante a un queixume.
  • Os romanos considerábanas aves funerarias, polas súas actividades nocturnas e por ter os seus niños en lugares pouco accesibles, polo que ver a un bufo no día considerábase de mala sorte.

Maior información en Strigidae.

Ligazóns externas

Modelo:Paxaros