Robert Newton: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: it:Robert Newton
Xoacas (conversa | contribucións)
m Recat.
Liña 33: Liña 33:
* [http://www.imdb.com/name/nm0628579/ Robert Newton na IMDB]
* [http://www.imdb.com/name/nm0628579/ Robert Newton na IMDB]


[[Categoría:Actores e actrices británicos|Newton]]
[[Categoría:Actores británicos|Newton]]


[[de:Robert Newton]]
[[de:Robert Newton]]

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2010 ás 16:42

Robert Newton (Shaftesbury, Dorset, Inglaterra, 1 de xuño de 1905Os Ánxeles, 25 de marzo de 1956) foi un actor inglés.

A súa filmografía inclúe varios malvados famosos: Bill Sikes, na versión de Oliver Twist de David Lean (1948), Javert na película Les Misérables de 1952 e o Inspector Fix na súa derradeira película, Arredor do mundo en oitenta días (1956.

Mais o seu personaxe máis notábel é o de Long John Silver, no filme A Illa do Tesouro, de Walt Disney Pictures (1950). A este seguiron outro, sen relación, titulado Retorno á Illa do Tesouro (1954) e mesmo unha serie de televisión en 13 episodios. A súa representación de John Long Silver converteuse co tempo no prototipo do pirata. Newton tamén representou o outro famoso pirata de Bristol, Barbanegra, na película Barbanegra, pero nunca chegou á altura de Long John Silver.

Newton apareceu en papeis principais en dous filmes baseados na novela curta de W. Somerset Maugham O baixel da ira: o controlador holandés na versión de 1938 e o papel principal en The Beachcomber (1954). Protagonizou como o sombreireiro James Brodie O Castelo de Hatter (1945) e tamén estivo no Henrique V de Laurence Olivier (1944).

Sobre o escenario, apareceu en moitas obras de Noel Coward.

Xunto con Errol Flynn, Newton foi un dos actores máis populares entre o público xuvenil masculino dos anos 1940 e primeiros 1950, especialmente entre os británicos. Morreu dun ataque ao corazón aos 51 anos.

Filmografía escollida

Ligazóns externas