Reciclaxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 15: Liña 15:
Para a separación en orixe doméstica úsanse colectores de distintas cores situados nas poboacións:
Para a separación en orixe doméstica úsanse colectores de distintas cores situados nas poboacións:


* '''Colector amarelo ([[envase]]s): '''Neste débense depositar todo tipo de envases lixeiros como os envases de plásticos (botellas, tarrinas, bolsas, bandexas de corcho branco, envoltorios de plástico...), de metal (latas de bebidas, conservas, tapas e tapóns de botellas, papel de aluminio...) e envases tipo brik.
* '''Colector amarelo ([[envase]]s): '''Neste débense depositar todo tipo de envases lixeiros como os envases de plásticos (botellas, recipientes, bolsas, bandexas de corcho branco, envoltorios de plástico...), de metal (latas de bebidas, conservas, tapas e tapóns de botellas, papel de aluminio...) e envases tipo brik.
* '''Colector azul ([[papel]] e [[cartón]]): '''Neste colector débense depositar os envases de [[cartón]] (caixas, bandexas...), así como os xornais, revistas, papeis de envolver, propaganda, etc. É aconsellábel pregar as caixas de maneira que ocupen o menor espazo.
* '''Colector azul ([[papel]] e [[cartón]]): '''Neste colector débense depositar os envases de [[cartón]] (caixas, bandexas...), así como os xornais, revistas, papeis de envolver, propaganda, etc. É aconsellábel pregar as caixas de maneira que ocupen o menor espazo.
* '''Colector verde ([[vidro]]): '''Neste colector bótanse envases de vidro (botellas, tarros e frascos de vidro).
* '''Colector verde ([[vidro]]): '''Neste colector bótanse envases de vidro (botellas, tarros e frascos de vidro).

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2010 ás 10:08

A reciclaxe é a transformación das formas e presentacións habituais dos obxectos de cartón, papel, lata, vidro, algúns plásticos e residuos orgánicos, en materias primas que a industria de manufactura pode utilizar de novo. Tamén se refire ao conxunto de actividades que pretenden reutilizar partes de artigos que no seu conxunto chegaron ao termo da súa vida útil, pero que admiten un uso adicional para algún dos seus compoñentes ou elementos.

Ciclo de reciclaxe

Colectores selectivos de recollida de residuos

O ciclo da reciclaxe posúe varios elos como:

  • Orixe: que pode ser doméstica ou industrial.
  • Recuperación: que pode ser realizada por empresas públicas ou privadas. Consiste unicamente na recolección e transporte dos residuos para o seguinte elo da cadea.
  • Plantas de transferencia: trátase dunha etapa voluntaria ou que non sempre se usa. Aquí mestúranse os residuos para realizar transportes maiores a menor custo (usando colectores máis grandes ou compactadores máis potentes).
  • Plantas de clasificación (ou separación): onde se clasifican os residuos e se separan.
  • Reciclador final (ou planta de valoralización): onde finalmente os residuos se reciclan (papeleiras, plastiqueiros...) ou onde se almacenan (vertedoiros) ou se usan para a produción de enerxía (cementeiras, biogás, etc.)

Para a separación en orixe doméstica úsanse colectores de distintas cores situados nas poboacións:

  • Colector amarelo (envases): Neste débense depositar todo tipo de envases lixeiros como os envases de plásticos (botellas, recipientes, bolsas, bandexas de corcho branco, envoltorios de plástico...), de metal (latas de bebidas, conservas, tapas e tapóns de botellas, papel de aluminio...) e envases tipo brik.
  • Colector azul (papel e cartón): Neste colector débense depositar os envases de cartón (caixas, bandexas...), así como os xornais, revistas, papeis de envolver, propaganda, etc. É aconsellábel pregar as caixas de maneira que ocupen o menor espazo.
  • Colector verde (vidro): Neste colector bótanse envases de vidro (botellas, tarros e frascos de vidro).
  • Colector negro (orgánico): Neste bótase o resto de residuos que non vai nos grupos anteriores, fundamentalmente materia biodegradábel.

Véxase tamén

Outros artigos