Wrocław: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
View of the city in the 17th century
Liña 48: Liña 48:
'''Edad Media'''
'''Edad Media'''

[[File:Wratislauia Breßlaw Breslau 17.Jh.jpg|thumb|left|350px|Breslau]]
Situada no antigo lugar de comercio e de cruzamento do [[río Oder]], xunto ó cal o Rei de Bohemia Wratislaw erixiu un castelo no século X, dándolle o primeiro nome ó asentamento "Vratislavia" ou "Wratislaw". O lugar foi conquistado máis tarde polo Rei de Polonia, [[Mieszko I]], na última década dese mesmo século. En 1138 converteuse na capital do ducado independente de Silesia baixo a dinastía Piast. Durante a invasión dos mongois en 1241 o asentamento foi saqueado e incendiado, fuxindo a maior parte da súa poboación ou refuxiándose no castelo que non puido ser tomado por falta de tempo.

Revisión como estaba o 10 de decembro de 2010 ás 13:17

Wroclaw
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Polonia
Voivodia Baixa Silesia
Superficie 292,82 km2
Poboación 633.700 (2006)
Densidade 2.163,77 h/km²
Alcalde Rafał Dutkiewicz
www.wroclaw.pl

Wrocław ( alemán Breslau; checo Vratislav; latín Wratislavia ou Vratislavia) é a capital do Voivodia da Baixa Silesia no sudoeste da Polonia, está situada ás beiras do río Oder (en polaco Odra). Despois de Varsovia, Wrocław é o segundo maior centro financeiro da Polonia. No ano 2004, a cidade tiña unha poboación estimada de 633.700 habitantes.

Etimoloxía

O primeiro rexistro da cidade da do ano 1000, aparecendo na crónica de Thietmar, na que se menciona o establecemento dunha nova diocese por Johannes Wrotizlaensis, bispo de Wrotizla, (Wortizlawa). No primeiro selo municipal aparece o nome de: Sigillum civitatis Wracislavie, simplificándose dando lugar en 1175 a Wrezlawe, o cal evolucionou a Prezla, Bresla(u=w).

Historia

Edad Media

Breslau

Situada no antigo lugar de comercio e de cruzamento do río Oder, xunto ó cal o Rei de Bohemia Wratislaw erixiu un castelo no século X, dándolle o primeiro nome ó asentamento "Vratislavia" ou "Wratislaw". O lugar foi conquistado máis tarde polo Rei de Polonia, Mieszko I, na última década dese mesmo século. En 1138 converteuse na capital do ducado independente de Silesia baixo a dinastía Piast. Durante a invasión dos mongois en 1241 o asentamento foi saqueado e incendiado, fuxindo a maior parte da súa poboación ou refuxiándose no castelo que non puido ser tomado por falta de tempo.

A partir de entón o pobo foi citado en varios documentos baixo os nomes de Bresslau, Presslau, Breslau e Wratislaw.

Brelavia foi, como toda Silesia, obxecto dunha intensa colonización alemá na idade media, sobre todo trala súa destrución polos mongois en 1241. Por iso a cidade entón refundada e os seus monumentos arquitectónicos teñen un claro sinal xermano. En 1262 a Lei Magdeburgo empezouse a aplicar na cidade refundada. A primeira ilustración da cidade apareceu na Crónica de Nuremburgo en 1493.

A dinastía Piast era unha rama independente da casa reinante en Polonia, que tiña numerosos vínculos familiares e culturais co imperio xermánico. Debido á baixa densidade de poboación en Silesia e ós escasos asentamentos humanos esta dinastía propiciou e fomentou o asentamento de colonos alemáns.